Noticias

O Centro Galego de Arte Contemporánea poon en marcha unha actividade para ponerlles banda sonora ás súas creacións artísticas

A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.

Deste xeito, no Modus Vivendi, o último domingo de cada mes entre outubro e maio, as persoas participantes na actividade farán unha escoita silenciosa e completa dun disco revelado no momento. Tras unha breve introdución, escoitarase de inicio a fin, e dará paso a unha conversa centrada nas emocións experimentadas máis que na análise musical.

Mentres, no Centro Galego de Arte Contemporánea terá lugar a outra acción complementaria do Club de escoita os días 19 outubro e o 18 novembro deste ano e o 22 febreiro, 16 marzo e 20 maio de 2027. Neste caso, o punto de partida non será un disco, senón unha obra que se escollerá entre as pezas das exposicións en curso ou mesmo baseándose na arquitectura de Álvaro Siza co obxecto de que inspiren unha listaxe de reprodución construída especificamente para cada sesión.

En cada unha das xornadas, tanto as que se desenvolvan no CGAC como nas do Modus Vivendi, irán acompañadas dunha guía de escoita, deseñada e producida por Santi Araújo para cada ocasión. Para participar nesta iniciativa de balde, as persoas interesadas deben facer sendas inscricións nos enderezos electrónicos cgac.educacion@xunta.gal e pubmodusvivendi@gmail.com.

R., 2026-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES