Noticias

Os traballadores de Alcoa San Cibrao defenden que o Goberno debe activar xa a mesa industrial e fixar un prezo eléctrico competitivo

Celebrouse hoxe unha reunión entre a Xunta de Galicia, os concellos de Cervo e Xove e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao para avaliar a situación que atravesa a planta. Tanto o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, como os traballadores reiteraron a petición, que a Xunta xa ten trasladado ao Goberno central en anteriores ocasións, de convocar a mesa da industria electrointensiva -incorporando aos empregados da planta de San Cibrao- e de presentar o estatuto para o consumidor electrointensivo e, deste xeito, desbloquear a difícil situación da factoría da Mariña ao rebaixar o prezo eléctrico.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nunha reunión entre a Xunta, os concellos de Cervo e Xove e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao para avaliar a situación que atravesa a planta. Tanto Conde como os traballadores reiteraron a petición, que a Xunta xa ten trasladado ao Goberno central en anteriores ocasións, de convocar a mesa da industria electrointensiva -incorporando aos empregados da planta de San Cibrao- e de presentar o estatuto para o consumidor electrointensivo e, deste xeito, desbloquear a difícil situación da factoría da Mariña ao rebaixar o prezo eléctrico.

O conselleiro subliñou a importancia que esta planta ten para a comarca pero tamén para o conxunto da Comunidade, tendo en conta que é a única de España que fabrica alúmina e unha das tres de todo o país que produce aluminio primario, dando emprego a un total de 1.600 familias. O conselleiro incidiu en que a Xunta seguirá ao carón dos traballadores da factoría xa que a prioridade é manter os actuais postos de traballo e a competitividade da empresa.

Para logralo, Alcoa precisa competir en igualdade de condicións que o resto do mercado europeo, ofrecendo un prezo estable e competitivo. Así, Conde referiuse á aprobación das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2 por parte do Consello de Ministros -unha medida que Galicia reclama desde hai meses- e asegurou que non é suficiente para rebaixar un prezo eléctrico que é un 40% superior á media europea.

Así, o conselleiro informou das iniciativas da Xunta incluídas na proposta do Estatuto, como as medidas de carácter fiscal - a supresión do imposto do 7% á xeración eléctrica a todos os consumidores, sexan grandes empresas, pemes ou particulares; e a eliminación do céntimo verde ao carbón-, redución de cargas e peaxes e incorporación da categoría do consumidor hiper-electrointensivo; ademais de sumar a taxa de interrompebilidade para rebaixar o prezo ata os 35/40 euros MWh. Medidas avaladas tanto polo comité de empresa de Alcoa San Cibrao, como pola Asociación Española de Grandes Consumidores Enerxéticos.

R., 2019-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES