Noticias

Galicia continúa reducindo o paro ata situarse a niveis inferiores aos de hai 11 anos e mantense por riba do millón de afiliados á Seguridade Social

Galicia segue reducindo o paro a nivel anual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo con respecto a outubro de 2018. De feito, posiciónase como a sexta Comunidade na que máis se reduce o paro en termos absolutos. A cifra de desempregados (164.307) sitúa Galicia a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Na evolución anual, o paro baixa en 5437 persoas, é dicir, nun -3,20%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de outubro. A Comunidade reduce o desemprego, ademais, a maior ritmo que o conxunto do Estado, onde diminúe nun -2,37%.

Galicia segue reducindo o paro a nivel anual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo con respecto a outubro de 2018. De feito, posiciónase como a sexta Comunidade na que máis se reduce o paro en termos absolutos. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos na visita que realizou en Ames á empresa OpSeeker Tech, onde salientou que a cifra de desempregados (164.307) sitúa Galicia a niveis inferiores aos de hai 11 anos.

Na evolución anual, Toca explicou que o paro baixa en 5437 persoas, é dicir, nun -3,20%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de outubro. A Comunidade reduce o desemprego, ademais, a maior ritmo que o conxunto do Estado, onde diminúe nun -2,37%.

O desemprego, ademais, baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: as mulleres (-3,45%), os parados de longa duración (-9,04%) e os menores de 30 anos (-3,21%). O paro tamén descendeu nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades. Con respecto ás provincias, Ourense lidera o descenso (-5,40%), seguida da Coruña (-3,01%), Pontevedra
(-2,96%) e de Lugo (-2,31%).

A caída do paro rexistrouse, así mesmo, en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-8,06%), seguida da agricultura e pesca (-4,43%), da industria (-4,12%) e dos servizos (-2%). Na evolución mensual, o desemprego seguiu a tendencia do resto do Estado e medrou un 4,66% con respecto ao mes de setembro.

A creación de emprego, ademais, medra no último ano un 1,41% ata chegar a 1.027.450 cotizantes á Seguridade Social (39 novos afiliados ao día), co que Galicia suma 8 meses por riba do millón.

A importancia da formación nos sectores estratéxicos

Covadonga Toca lembrou o esforzo que a Xunta está a facer por contar cunha Galicia máis preparada, como unha das claves para abrir novas oportunidades laborais e crear emprego de calidade. Neste sentido, Galicia prevé destinar 260M€ en 2020, dos que máis de 66M€ serán para o Plan Galego de Formación, no que se inclúe formación específica para sectores estratéxicos como o da automoción.

Precisamente, o paro diminuíu no sector da fabricación de vehículos a motor, no último mes en 165 persoas, o triplo que en outubro de 2018, unha tendencia que se espera que se consolide coas novas contratacións anunciadas por PSA para producir os seus novos modelos e que repercutirán, tamén, na industria auxiliar.

A secretaria xeral visitou hoxe as instalacións da empresa OpSeeker Tech, empresa de base tecnolóxica situada no concello de Ames e que pertence a outro dos sectores que a Xunta quere impulsar para mellorar a competitividade do tecido empresarial. A compañía ofrece ferramentas, a través dunha aplicación web, para que a xente aprenda a xestionar o seu diñeiro, ademais de ofrecer asesoramento independente.

R., 2019-11-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES