//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez anunciou hoxe no Parlamento que o Goberno galego presentará os Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 antes do mes de decembro. Na súa intervención na Cámara galega para expoñer as liñas xerais de funcionamento do seu departamento, o titular de Facenda e Administración Pública subliñou que a primeira prioridade da Xunta de Galicia é elaborar e aprobar as contas do vindeiro exercicio e por iso estamos acelerando ao máximo a elaboración dos orzamentos para 2021 e faremos todo o posible para acurtar ao máximo os prazos, sinalou.
No segundo pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrado tras a irrupción da pandemia, aprobouse unha resolución urxente na que se insta alcanzar rapidamente un acordo sobre o novo instrumento de recuperación, de xeito que se poidan mobilizar con celeridade os recursos para afrontar os efectos negativos da crise e que estes poidan chegar á economía a nivel local. Esta demanda prodúcese nun momento de bloqueo nas negociacións entre o Consello e o Parlamento Europeo debido ás condicións impostas por este último para dar o seu consentimento ao acordo dos líderes europeos sobre o futuro marco financeiro plurianual.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Valedor do Pobo colaborarán un ano máis co fin de intercambiar información de forma áxil e fluída sobre as persoas afectadas en Galicia por procedementos de execucións hipotecarias e desafiuzamentos por impago. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a valedora Dolores Fernández, veñen de asinar un novo convenio de colaboración nesta materia co que se lle dará continuidade á liña de traballo conxunta que manteñen aberta ambos organismos desde o ano 2015. O obxectivo é dobre. Por unha banda, renovar o marco de colaboración establecido entre o IGVS e a institución parlamentaria para garantir unha mellor atención e información ás familias afectadas sobre os seus dereitos e as actuacións e medidas desenvolvidas por parte da Xunta para responder a este tipo de situacións.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o modelo normalizado para que as empresas que se atopan nun expediente de regulación de emprego temporal (ERTE), con orixe na covid-19, e dependan das actividades protexidas polo último Real decreto lei do Goberno de medidas sociais en defensa do emprego, soliciten o seu recoñecemento como integrantes ou dependentes da súa cadea de valor. As entidades deben cursar a súa petición por medios electrónicos antes do 19 de outubro. De ser recoñecidas, poderán beneficiarse de exoneracións nas cotas do 85% -no caso de contar con menos de 50 traballadores- e de ata o 75% para as de maior tamaño.
Poden realizar a solicitude todas aquelas empresas con expedientes de regulación temporal de emprego a causa da pandemia.
Galicia pechou o mes de setembro cunha caída do paro do 0,21% (377 desempregados menos) e cun incremento na contratación indefinida (+33,03%) e a tempo completo (+29,74%). Ademais, Galicia, na actualidade, supera o millón de afiliacións á Seguridade Social, situándose a un nivel superior ao de hai nove anos (setembro de 2011). Con respecto á comparativa mensual do paro, a baixada rexistrada supón o mellor resultado acadado en toda a serie histórica, desde 1996, xa que ata o de agora o desemprego en Galicia a nivel mensual medraba, polo que este mes a tendencia invértese.
O Banco de España volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor endebedamento de toda España, tal como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo organismo regulador. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 19,6% ao peche do segundo trimestre do ano. Galicia amplía así o diferencial coa media autonómica, sendo 6,5 puntos inferior á media de comunidades (26,1%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
A aprobación da Conta xeral da Comunidade Autónoma ratifica que Galicia cumpriu no exercicio 2019 os obxectivos de déficit e débeda pública recollidos no seu orzamento, liquidando o exercicio cun déficit do 0,1% do PIB e cunha taxa de endebedamento do 17,5%. Deste xeito, Galicia sería a Administración autonómica que pagou en 2019 con máis axilidade aos seus provedores, cun período medio de pago de 19 días fronte aos 37,4 días da media das CCAA. Este balance financeiro reflicte tamén que o grao de execución do orzamento consolidado de gasto foi do 96,4%.
A Xunta de Galicia, empresarios e sindicatos referendaron hoxe un pacto, materializado nunha declaración institucional, para intensificar o diálogo social centrado na competitividade e nas políticas de emprego. Hoxe vimos de reactivar se cabe con maior intensidade o marco do diálogo social, cun compromiso pola competitividade empresarial e polas políticas de emprego, destacou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelando, nun momento de extraordinaria dificultade, á responsabilidade das organizacións sindicais, da organización empresarial e da Administración autonómica.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade, por un importe de 500 millóns de euros. Trátase de bonos que estarán integramente orientados aos investimentos sociais e medioambientais, á economía verde e vinculados tamén á Axenda 2030, aseverou, precisando que soamente se poderán utilizar para as enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a xestión sostible dos recursos naturais, o transporte limpo ou a xestión sostible da auga. Así mesmo, estes recursos tamén poderán ser empregados en cuestións sociais, como a mellora da accesibilidade no mundo rural, o acceso a servizos esenciais, o acceso á vivenda ou a xeración de emprego.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou esta mañá a evolución do paro rexistrado no mes de agosto que sobe lixeiramente como ocorre coa media estatal, así como os datos de afiliacións á Seguridade Social que volven medrar por cuarto mes consecutivo (entre maio e agosto) e permiten recuperar o emprego perdido nos meses de marzo e abril. Así, se temos en conta as afiliacións medias, Galicia suma en agosto 7126 cotizantes máis (+0,71%) ata chegar a 1.012.794 afiliados, o que se traduce en 230 afiliacións ao día.
La compañía ha aplicado la refacturación por el período de un año, según lo marcado por la Comisión Nacional de Energía (ahora CNMC), de acuerdo con lo previsto en la normativa del sistema eléctrico. Gas Natural Fenosa no ha obtenido ningún beneficio por estas facturaciones, al tratarse de ingresos recaudados para el sistema y no para la compañía.
O Plan de artesanía de Galicia 2014-2016, dotado con 5 millóns de euros, busca impulsar a creación de 100 novas empresas no sector artesán da Comunidade, incrementar un 50% os puntos de venda oficiais da marca Artesanía de Galicia e aumentar un 30% as empresas que se inician en procesos de innovación artesana.
O autor ou autores/as do proxecto de empresa innovadora distinguido na modalidade de empresa de base tecnolóxica, percibirán un premio de 2.000 euros, ademais de ter a posibilidade de acadar ata 24.000 euros de financiamento.
Feijóo avoga por crear un lobby galego-panameño e pídelles aos empresarios galegos no país centroamericano que teñan en conta a competitiva oferta de produtos da comunidade en moitos sectores. Lembra que no último ano as exportacións da nosa autonomía a Panamá medraron nun 13%.
Rubén Gil, gerente de Ditram, ha destacado que tanto el nuevo Mercedes Clase GLA como el Mercedes Clase C son el acompañante perfecto para cualquier desplazamiento gracias a la apuesta de Mercedes-Benz por la seguridad, el confort y la elegancia, así como por la optimización en el consumo de combustible.
C.R.D.O.P. San Simón da Costa, el queso de vaca más antiguo de Galicia y el más premiado en catas y premios nacionales e internacionales de su categoría, celebró una cata maridaje junto a otras de las D.O. gallegas en el Salón de Gourmets, con el sabor más enxebre.
A axenda do presidente da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, inclúe diversos encontros institucionais, económicos e coa colectividade galega buscando oportunidades para Galicia nos dous países.
Os visitantes aproveitaron os mellores prezos ofrecidos por expositores dunha ducia de sectores. O téxtil, sobre todo a roupa infantil e o material deportivo, volveu ser o sector máis demandado.
O obxectivo do proxecto é mellorar o seu volume de negocios aplicando o seu coñecemento á crecente industria de automoción e aeronáutica que se está a desenvolver no norte de Marrocos. O primeiro programa para a implantacións conxunta de empresas galegas no exterior prevé mobilizar 6 millóns de euros no ano 2014.
O Igape comeza a formación práctica dos novos bolseiros que colaborarán na internacionalización das empresas galegas e anima aos 18 seleccionados de cara á súa futura inserción laboral como especialistas nesta actividade.