
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a posta en marcha do primeiro Plan de Artesanía de Galicia para o período 2014-2016, dotado con 5 millóns de euros, e que ten como obxectivo concretar unha folla de ruta para a artesanía en Galicia que ten un oco na economía produtiva, ao tratarse dun sector que emprega máis de 5.000 persoas na comunidade e do que forman parte máis de 2.500 empresas (o 86% de autónomos e o 14% pequena empresa).
Deste xeito, e ademais de consolidar e reforzar o apoio a un sector de importancia para Galicia e con moitas posibilidades de futuro, Feijóo afirmou que esta estratexia marca obxectivos moi ambiciosos como: impulsar a creación de 100 novas empresas no sector artesán; incrementar un 50% os puntos de venda oficiais da marca Artesanía de Galicia; e conseguir aumentar un 30% as empresas que se inician en procesos de innovación no ámbito da artesanía.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo referiuse ao plan como unha folla de ruta a longo prazo, que non só fixemos para o sector, senón que o fixemos co sector da artesanía, concretando conxuntamente os obxectivos do sector e implementando eses obxectivos no plan que hoxe presentamos.
Imos dedicar 5 millóns de euros á artesanía de Galicia nos próximos tres anos, con tres liñas de actuación estratéxicas, subliñou: maior competitividade, potenciación da marca Artesanía de Galicia e maior innovación.
No tocante á competitividade, o presidente da Xunta afirmou que esta estratexia aposta por potenciar o máximo posible o talento artesanal galego desenvolvendo unha política de apoio á creación de empresas artesás, que contarán co asesoramento a cargo de expertos; e avanzando na actualización da normativa, incidindo na regulación dos novos oficios artesanais e no recoñecemento honorífico da figura de Mestre Artesán. Así mesmo, traballarase na recuperación de oficios artesanais en extinción.
Co obxecto de potenciar a marca Artesanía de Galicia, a única marca dixo-, que conta cun selo destas características no conxunto das comunidades autónomas promoverase a adhesión de establecementos comerciais a este distintivo, poñeranse en marcha novos puntos de venda propios e crearase unha tenda en liña para aproveitar as posibilidades da venda por internet.
Esta folla de ruta conta tamén con numerosas medidas encamiñadas a acadar unha maior innovación, entre as que destacan o desenvolvemento de programas piloto para a experimentación e a innovación con novos materiais; a busca da mellora dos procesos de produción, en colaboración cos centros tecnolóxicos especializados; e o impulso á cooperación coas universidades e Escolas de Arte e Superiores de Deseño, así como con deseñadores profesionais.
O presidente da Xunta destacou, ademais, a aposta pola colaboración con outros sectores, con especial atención ao do turismo, cun programa específico para potenciar a colaboración entre as empresas artesás e as empresas do sector turístico galego, explicou.
Xa nos viñamos implicando nos últimos anos na artesanía, dixo Feijóo poñendo como proba o Premio Nacional que recibiu o pasado ano a Fundación Centro Galego de Artesanía, e agora, incidiu, xunto co sector, presentamos este programa e esta planificación para toda a lexislatura.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.