//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou en rolda de prensa que a Xunta apoiará aos establecementos da hostalería pechados debido ás restricións provocadas pola covid-19 cunha liña de axudas de entre 2.200 e máis de 7.000 euros. Tras lembrar as reunións mantidas con representantes do sector na busca de solucións e anunciar a apertura dunha Mesa da hostalería para perfilar esta liña de axudas, Feijóo explicou que o abano oscila entre como mínimo 2.200 euros no caso dun autónomo propietario dun bar ou dunha cafetería sen empregados e máis de 7.000 euros no caso dun autónomo que teña empregados nesa cafetería, nese bar ou nese restaurante.
Este xoves e venres organízase desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense o XXII Seminario Hispano-Luso de Economía Empresarial, iniciativa do Círculo Ibérico de Economía Empresarial (Cibecem). A cita, que se celebra a través do Campus Remoto da UVigo debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, está considerada como punto de encontro anual das e dos investigadores no eido da economía empresarial das universidades da raia lusa e española e conta coa participación de arredor de 200 persoas.
Pese a este aumento, e, segundo destacou a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, no Estado o desemprego crece case o dobre que na comunidade galega, que se sitúa como a terceira autonomía na que menos aumenta o paro. En concreto, en España medra o paro nun 20,40%, polo que o ritmo de subida en Galicia é máis de 10 puntos inferior. Lado valorou hoxe os datos de paro rexistrado destacando que os efectos da covid-19 continúan impactando no mercado laboral. Pese a este aumento, sinalou que Galicia conta con 10.322 parados menos que ao inicio do impacto da pandemia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación do teito de gasto para 2021: 11.664 millóns de euros, centrados na loita contra a pandemia e na reactivación económica. Este teito de gasto é excepcional, por ser o máis alto da serie histórica, polos recursos extraordinarios que imos recibir de fondos europeos e tamén pola cobertura do 1,1% do déficit público que decidiu o Goberno central para as comunidades autónomas, abundou, engadindo que ten como obxectivos afrontar a pandemia sanitaria, a reactivación da economía e, na medida das nosas posibilidades, axudar ás familias, autónomos e pemes que están sufrindo a crise económica e social nos seus propios fogares.
A Xunta celebra que o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado atendan, por fin, as demandas que a Administración autonómica vén facendo en relación coa AP-9, a supresión da peaxe de Redondela e rebaixas nas peaxes da autoestrada; e agarda, que nesta ocasión, non quede en promesas incumpridas. O Goberno galego acadou, no ano 2018, o compromiso do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy, de liberación da peaxe de Redondela que, ao fin, aparece recollido nas contas presentadas no día de hoxe ante o Congreso.
O informe 'Mortalidade empresarial en Galicia, 1972-2008. Factores de impacto e xestión do risco', dirixido polo catedrático da USC, Xoán Carmona Badía, coa colaboración do profesor e investigador Adrián Dios Vicente, revela que, das 122 empresas privadas con máis de 100 traballadores que operaban en Galicia no ano 1972, tan só o 28% continuaba operativa no ano 2008. Máis do 70% das grandes empresas galegas dos sectores da pesca, a construción e a industria manufactureira non sobreviviron ao cambio de século. Son sete os motivos: cambio tecnolóxico e cambio de industria, problemas financeiros, cambio institucional ou regulatorio, sucesión e mala xestión, shocks externos, absorción e insuficiente política de xestión do risco.
Os datos do terceiro trimestre da Enquisa de Poboación Activa (EPA), facilitados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), reflicten que Galicia, pese á crise sanitaria, logrou crear emprego de calidade e diminuír a taxa de paro, que se sitúa nun 11,80%, mellorando en 4,46 puntos a do Estado (16,26%). A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe estas cifras e destacou que a estabilidade de Galicia e as políticas de emprego que desenvolve a Xunta permitiron crear traballo. Con respecto ao segundo trimestre deste ano, a ocupación en xeral creceu en 32.200 persoas (+3,07%), recuperando practicamente o descenso rexistrado no trimestre anterior. Os traballadores con contrato indefinido medraron en 1.800 persoas (+0,27%) e a ocupación a tempo completo creceu en 37.200 ocupados máis (+4,09%).
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe 108 proxectos cos que Galicia podería optar aos fondos europeos de reconstrución. Máis dun centenar de iniciativas que, grazas á colaboración público-privada, mobilizarían un total de 9.400 millóns de euros. No tocante aos proxectos, subliñou que, seleccionados en catro eixes para dar resposta aos retos sanitarios, económicos, sociais e medioambientais derivados da crise xerada pola pandemia, centraranse en catro eidos: na modernización do tecido produtivo, na mobilidade sustentable e na transición ecolóxica, nunha Galicia máis cohesionada social e territorialmente e nunha administración dinámica e dixital.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe un Plan de rescate, dotado con máis de 70 millóns de euros, para axudar á actividade económica de máis de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas. Durante a clausura da sétima edición da xornada El mundo que viene, organizada por APD, Feijóo trasladou a preocupación polo emprego, que se está destruíndo de forma masiva, e incidiu en que agora é cando a sintonía e a cooperación entre a política e a economía debe ser máis fluída que nunca. Agora a política e a economía deben ir máis da man se cabe, porque de como respondamos a esta emerxencia sanitaria dependerá o mundo que vén, abundou.
Nesta edición da BFFood, primeira aceleradora galega da alimentación promovida pola Xunta a través do Igape, a Axencia Galega de Innovación (Gain) e XesGalicia, e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), impulsaranse ata 16 iniciativas, dez na fase de aceleración e seis na fase de consolidación, mediante programas específicos de apoio de nove e doce meses de duración, respectivamente. O prazo de presentación de propostas para esta edición remata o 11 de xaneiro do 2021. A edición presentada hoxe conta co apoio de empresas tractoras do sector como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira.
Dúas comarcas -Verín e O Carballiño- e 25 concellos da provincia tiveron no último ano crecemento neto dos seus mercados de traballo. Por primeira vez desde o inicio da crise, o paro baixa nas doce comarcas ourensás, e no ámbito municipal as reducións esténdense a 64 dos 92 municipios.
Supermercados Gadis ha entregado en Lugo los premios del primer concurso de dibujo infantil A merenda, non a deixes escapar! Aprende a comer ben con Gadis, en el que han participado 600 alumnos de 5 centros educativos durante este curso escolar.
Feijóo subliña que a aposta de multinacionais como Nestlé por Galicia é a mellor demostración da capacidade industrial que ten a Comunidade, que se amosa ao mundo como unha economía que ofrece confianza. En 2013, o investimento estranxeiro en Galicia incrementouse un 18 %, ata chegar aos 219 millóns.
Dez adegas galegas das cinco denominacións de orixe contan coa marca de garantía. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o director-xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeron entrega do distintivo en Oímbra.
O presidente da Xunta recibiu á directora xeral de Turespaña e os directores de Turismo das comunidades autónomas que participan nunha reunión de traballo sobre o sector, na que dixe que Galicia "baséase na idea de ser unha comunidade turística na que non só operan as empresas e traballadores do sector, senón todos os galegos.
Co impulso do Goberno galego, os clústers de Galicia buscan fomentar a cooperación internacional como vía para atopar novas oportunidades para as empresas. O proxecto europeo AT Clusters reuniu aos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais nas que participaron expertos de diferentes países.
O conselleiro de Economía e Industria destaca na presentación da Memoria de actividades 2013 da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense que a institución está a ser clave na reactivación económica da provincia.
O presidente da Xunta asegura que o turismo é un dos piares da recuperación económica galega e di que no nivel medio de ocupación acadou o 55,7% nos hoteis de Galicia, superando as previsións e situándose 9 puntos por riba dos datos acadados na Semana Santa de 2013.
En 2013 destacaron as subas de producción dun 249,39% de tubérculos, dun 222,50% de frutais, dun 157,01% de acuicultura e recolleita de algas, dun 84,22% de bosque e recolleita silvestre, e dun 55,47% de productos apícolas. Sumando todas, a suba en 2013 foi dun 11,26% cun volume de negocio do 25.916.446,78 . Falamos de 2.623.640,70 máis ca en 2012.
A estratexia do Plan de Internacionalización de Galicia avanzada pola Xunta focalizará os esforzos exportadores galegos a curto e medio prazo en países iberoamericanos como México, Brasil, Colombia, Perú, ademais de mercados de alcance como China, Estados Unidos, Rusia e Marrocos.