O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou no encontro internacional celebrado en Santiago ao abeiro do proxecto europeo AT Clusters que a cooperación dos clústers galegos con outros do espazo atlántico europeo, que propicia esta iniciativa, é unha importante vía para atopar novas oportunidades para as empresas galegas, impulsando a súa internacionalización e mellora competitiva.
Na súa intervención na xornada, na que participaron clústers e axencias de desenvolvemento rexional de Asturias, Portugal, Francia e Irlanda, Aguilera destacou a aposta da Consellería de Economía e Industria por apoiar a consolidación de clústers excelentes e con capacidade para traballar tamén en rede.
O director do Igape lembrou que desde o seu comezo en 2009 o proxecto AT Clusters que agora remata ten facilitado importantes avances na profesionalización dos clústers galegos, contando xa nove deles con etiqueta europea de excelencia, e está a permitir afondar na apertura de novos camiños de cooperación.
Destacou neste sentido que un dos obxectivos é intensificar o labor de colaboración entre clústers, a nivel internacional e no marco dunha rede cada vez máis ampla e con maior capacidade para facilitar o acceso das empresas galegas a proxectos europeos.
No encontro houbo mesas centradas nos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais nas que participaron expertos e representantes de diversos clústers internacionais.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.