//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir combatendo a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos. Así o recolle o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 que foi entregado hoxe no Parlamento polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, xunto ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, a aprobación da Estratexia de dinamización do sector lácteo 2020-2025 para consolidar Galicia como potencia láctea en España e Europa. Feijóo incidiu en que este é un sector relevante polo que é e polo que pode ser. Tras recoñecer a súa relevancia nos ámbitos económico, demográfico e social para vertebrar e manter poboación no rural, Feijóo abundou que tamén é relevante no ámbito medioambiental porque un rural ordenado, coidado e útil é un rural medioambientalmente sostible.
As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, que inclúe tres programas diferentes: o dirixido a autónomos (que se publica onte); a microempresas e autónomos con persoal a cargo; e aos establecementos hostaleiros situados nalgún dos concellos con maior incidencia epidemiolóxica que se vexan afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria.
Galicia e o Norte de Portugal defenden a cooperación transfronteiriza en tódolos sectores vinculados ao mar e á actividade marítima. Así o explicou a subdirectora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Graça Fonseca, nunha mesa redonda online con máis de 150 participantes na que incidiu no compromiso da institución coa cooperación no ámbito da economía azul. A mesa redonda celebrouse no marco do Business2Sea 2020, organizado por Fórum Oceano e o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar coa colaboración da AECT da Eurorrexión.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que os Orzamentos da Xunta de 2021 incluirán o maior investimento público da historia, que roldará os 2.500 millóns de euros e triplicará a inversión territorializada prevista nos Presupostos Xerais do Estado. Este orzamento vai ter o peso máximo de gasto da serie histórica. Imos investir máis de 11.600 millóns de euros e imos facer dúas cousas: controlar o gasto corrente e apostar claramente pola anticipación das inversións, dixo.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia. Durante unha reunión cos directivos do Grupo Leche Río, Feijóo anunciou tamén que esta semana se aprobarán os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. Uns Presupostos que presentamos ás poucas semanas de tomar posesión e co obxectivo de que nos primeiros meses de 2021 teñamos as contas ordenadas, dixo, aseverando que supoñen un compromiso con Galicia, conscientes da situación que se está a vivir.
A Xunta de Galicia esixiu hoxe ao Goberno central que explique ás comunidades autónomas, con rigor e claridade, os criterios de reparto dos fondos que se mobilizarán nos próximos tres anos a través do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia. Esta foi a postura que defendeu a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso da reunión da Conferencia Sectorial convocada esta mañá polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que se celebrou telematicamente.
A Comisión de Dirección Operativa de BioIncubatech fixo públicos os nomes das propostas seleccionadas na súa segunda convocatoria para formar parte desta bioincubadora de alta tecnoloxía. Son 21 proxectos ou pemes, doce pertencentes ao sector da saúde e nove ao agroalimentario. En total, recibíronse unha trintena de propostas chegadas de todo o mundo e aprobouse a entrada de seis proxectos internacionais. Dous dos proxectos proceden do Reino Unido, dous de Portugal, un de México e un da República Checa. Algúns proceden de centros de investigación de referencia internacional, como a University College de Londres ou o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento o teito de gasto non financeiro para o ano 2021, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 11.664 millóns de euros, cun aumento de 1.516 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 14,9%. Deste importe, 11.012 millóns de euros correspóndense con ingresos non financeiros; 685 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 33 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe os proxectos vinculados ao eido da automoción incluídos na proposta de Galicia aos fondos europeos e que prevén a mobilización de 1.300 millóns de euros e a creación de 900 novos empregos. Durante a súa participación, esta mañá, na reunión de constitución do grupo de traballo sectorial de automoción Next Generation Galicia-AutoAncora, Feijóo salientou que estas iniciativas se presentan con tres socios potentes: Cun socio tecnolóxico como o CTAG; cunha industria de máis de 130 empresas, agrupadas no Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga); e cunha das grandes factorías de construción de vehículos, o Grupo PSA
Inditex destinará ao proxecto 600.000 euros, divididos a partes iguais entre o segundo semestre de 2014, as anualidades de 2015, 2016 e o primeiro semestre de 2017. O Goberno galego aposta por manter o Plan de Mellora Forestal de Galicia 2010-2020 e reforzar, ademáis, a estrutura do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, en Pontevedra.
Rianxo, baixo o lema Sachos a rúa, acolle a segunda Feira labrega da Barbanza. O sábado 30 de agosto, no campo de arriba, os Foros ecolóxicos da Barbanza volverán mostrar proxectos da contorna baseados na agroecoloxía. Os Foros ecolóxicos da Barbanza pretenden potenciar o mercado local e que persoas que producen alimentos de xeito ecolóxico poidan vivir decentemente do seu traballo.
A Unión Europea aprobou o proxecto de investigación AGFORWARD no que traballan 22 socios de 17 países e que acadou un financiamento de 7 millóns de Euros. O proxecto, coordinado en Galicia pola profesora do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ten por obxecto a promoción dos Sistemas Agroforestais como forma de xestión sostible dos terreos forestais e agrícolas marxinais ou abandoados.
Cuando falta apenas un mes para que el recinto ferial estradense inaugure la XXVIII Feira do Moble de Galicia, las novedades y mejoras que giran en torno a este certamen sectorial, se suceden a la par que se van desgranando y dando a conocer al público. Algo totalmente novedoso, será la puesta de largo de la empresa local estradense, Nuuk Home, liderada por Roberto Couto y por la experiencia que le avala en el mercado de mobiliario doméstico.
A Deputación atende as primeiras consultas dos lucenses no servizo gratuíto de asesoramento sobre a factura da luz, que vén de poñer en marcha este mesmo luns, converténdose no 1º organismo provincial en Galicia con esta prestación. Faino ante as continuas subas na luz do Goberno Central, a situación de desinformación na que se atopan os cidadáns, así como debido ós abusos que sofren por parte das eléctricas.
A Consellería de Traballo e Benestar vén de incrementar nun 18 por cento as axudas que destina ás corporacións locais para apoiar os programas de inclusión social que realizan tanto coa poboación xitana e inmigrante, como con outras persoas en risco de exclusión beneficiarias da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Deste xeito, o departamento autonómico destinará a este fin preto de 1,6 millóns de euros.
A presentación do evento, que se celebra en Verín do 8 ao 10 de agosto, tivo lugar no Centro Cultural da Deputación onde se posicionou como o gran escaparate dos viños desta denominación de orixe que potencia a calidade e incrementa a promoción destes caldos".
O turismo internacional rexistra en Galicia un novo máximo histórico cunha suba do 6,4% en xuño e do 6% no primeiro semestre. Xuño rexistrou tamén subas no turismo nacional do 8,5%. No acumulado do ano, o turismo nacional aloxado nos establecementos hoteleiros galegos subiu tamén un 3,7%.
Ademais das dirixidas a festivais, este ano publicaranse bases para produción e coprodución audiovisual, desenvolvemento de proxectos e promoción do talento cun novo apartado de longametraxes en galego de directores noveis. As liñas de axuda convocaranse a través da Agadic por un importe total de 2.530.000 euros.
A compañía, con sede na Coruña, dá emprego a máis de 150 persoas en Galicia e traballa en diversos proxectos de compoñente innovador para afianzar a súa posición na comunidade. O encontro do presidente da Xunta co conselleiro delegado de Everis en España ten lugar logo da recente viaxe a Xapón do mandatario galego, que se reuniuse alí con representantes do grupo nipón.