Noticias

Aprobada a Estratexia de dinamización do sector lácteo para consolidar Galicia como potencia láctea en España e Europa

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, a aprobación da Estratexia de dinamización do sector lácteo 2020-2025 para consolidar Galicia como potencia láctea en España e Europa. Feijóo incidiu en que “este é un sector relevante polo que é e polo que pode ser”. Tras recoñecer a súa relevancia nos ámbitos económico, demográfico e social para vertebrar e manter poboación no rural, Feijóo abundou que tamén é “relevante no ámbito medioambiental porque un rural ordenado, coidado e útil é un rural medioambientalmente sostible”.

Nesa liña, esta iniciativa, elaborada en consenso co sector, inclúe 125 medidas agrupadas en eixes estratéxicos de produción, industria e mercados, e os transversais de cadea de valor, formación e innovación.

Deste xeito, no ámbito da formación e profesionalización, o presidente da Xunta detallou que se prevén medidas como: unha mellora da formación en todos os niveis educativos; a oferta de ciclos de FP Dual e a adaptación da Formación Profesional ás familias profesionais agrarias: un sistema que recoñeza a formación universitaria e a FP á hora de dar axudas para incorporar mozos ao sector; un ambicioso programa de formación e reciclaxe dos asesores ou a creación dunha rede de ‘granxas piloto’ que permita probar novas tecnoloxías. Feijóo engadiu que tamén se elaborará “un Plan de formación do persoal dos centros de formación agroforestal”.

No eido da produción, a Estratexia propón a creación dun Banco de explotacións para as que non teñan relevo xeracional; unha Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria para ampliar a base territorial das granxas e a reestruturación parcelaria en zonas de elevada carga gandeira.

No que se refire á industria e aos mercados, o obxectivo é “pasar do 50% da transformación do leite en Galicia ata o 75%”, salientou Feijóo. Para acadar ese obxectivo aumentarase o peso das Denominacións de Orixe Protexida de Queixo de Galicia con novos formatos adaptados ás demandas do consumo e facilitarase a entrada de novos operadores industriais, entre outras medidas.

En canto á cadea de valor, a Estratexia inclúe potenciar a entrada das cooperativas de produtores no capital de novas industrias. “Necesitamos profesionalizar as cooperativas”, insistiu Feijóo. Ademais, reactivarase o ‘acordo lácteo’ a nivel do Estado, o Observatorio do Lácteo a nivel galego, e implantarase un sistema para calcular os custos de produción.

Finalmente, en innovación fortaleceranse as axudas para lanzar novos produtos de valor engadido e contratarase persoal máis cualificado.

R., 2020-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES