Notas de prensa

Novo máximo histórico do turismo internacional en xuño

O turismo internacional rexistra en Galicia un novo máximo histórico cunha suba do 6,4% en xuño e do 6% no primeiro semestre. Xuño rexistrou tamén subas no turismo nacional do 8,5%. No acumulado do ano, o turismo nacional aloxado nos establecementos hoteleiros galegos subiu tamén un 3,7%.

Galicia rexistrou en xuño un total de 356.798 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros, isto é un 4,3% máis que en xuño de 2013. A cifra de pernoitas alcanzou as 658.666, un 6,1% máis que en xuño de 2013.

O turismo nacional en Galicia sube en xuño un 8,5% e o internacional sobe un 6,4%. Esta mellora do turismo internacional supón o máximo histórico de viaxeiros internacionais aloxados en xuño na comunidade con preto de 129 mil e con preto de 200 mil pernoitas. o peso do mercado internacional en termos de pernoitas sitúase neste mes de xuño no 30%.

Ao tempo, os establecementos hoteleiros galegos rexistraron en xuño unha suba da estadía media do 1,8% nata situarse no 1,85. A ocupación medrou 1,03 puntos porcentuais e a ocupación media en fin de semana medrou 1,49 puntos porcentuais.

O nivel de viaxeiros aloxados en xuño deste ano tamén alcanza o máximo histórico nun ano non Santo. Só en 2004 e 2010 se rexistrou unha cifra de viaxeiros no mes de xuño superior á rexistrada neste xuño de 2014.

O incremento da cifra de viaxeiros e pernoitas computadas no mes de xuño en Galicia supera ao rexistrado de media no conxunto do Estado, tanto en viaxeiros -onde a suba foi do 3,3%- como en pernoitas - que rexistrou unha suba do 2% no conxunto do Estado-.

Datos do primeiro semestre

No primeiro semestre do ano, Galicia rexistrou un incremento na cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade do 4,8% en relación ao ano pasado, superando os 1,4 millóns de viaxeiros.

As pernoitas neste primeiro semestre tamén subiron un 3,1%, rexistrando algo máis de 2,6 millóns. A nivel estatal, a mellora da demanda hoteleira foron do 4,6% en viaxeiros e do 3,7% en pernoitas.

O turismo nacional na primeira metade do ano medrou un 3,7% e o internacional medrou un 6%. Acada así o máximo histórico de viaxeiros internacionais aloxados en establecementos hoteleiros da comunidade con preto de 400.000 e de pernoitas con preto de 627.000 nos primeiros seis meses. Peso no conxunto da demanda deste segmento de viaxeiros é do 28% e do 24% no caso das pernoitas acumuladas. A ocupación media nos primeiros seis meses tamén rexistrou unha suba dun punto porcentual.

Santiago de Compostela

No mes de xuño, Santiago de Compostela rexistrou unha cifra de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros de 64.271, un 1,2% máis que no mesmo mes do ano pasado. No primeiro semestre de 2014, a cifra de viaxeiros acadou os 243.199, un 0,4% máis que no primeiro semestre de 2013.

Medrou a cifra de viaxeiros nacionais aloxados en establecementos hoteleiros da cidade de Santiago. A suba foi do 9,9% en xuño e do 2,2% no primeiro semestre. As pernoitas de viaxeiros nacionais tamén rexistraron unha suba do 10,2% en xuño.

Peregrinos no que vai de ano

Dende o 1 de xaneiro ao 23 de xullo chegaron a Santiago un total de 108.331 peregrinos. O 56,28% proceden doutros países. Esta cifra supón un incremento do 8,97% a respecto da cifra de peregrinos recibidos no mesmo período de 2013.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES