Noticias

Aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á crise sanitaria

As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, que inclúe tres programas diferentes: o dirixido a autónomos (que se publica onte); a microempresas e autónomos con persoal a cargo; e aos establecementos hostaleiros situados nalgún dos concellos con maior incidencia epidemiolóxica que se vexan afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria.

As persoas beneficiarias desta primeira liña de axudas, que se poderá solicitar ata o próximo 18 de decembro, son, polo tanto, os autónomos con e sen persoal contratado ao seu cargo que estean dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou Réxime do Mar como traballadores por conta propia, incluídas as persoas autónomas societarias. Estes autónomos deberán ter o domicilio fiscal en Galicia e ter recoñecido o cese ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real Decreto Lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

Os traballadores por conta propia que cumpran con estes requisitos e que pertenzan a calquera tipo de actividade económica poderán optar a un apoio de 1.200 euros. Esta contía incrementarase ata os 2.000 euros para os autónomos de sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas cuxos códigos na Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) se especifican no DOG.

Son principalmente as relacionadas co ocio nocturno; actividades que se desenvolvan en atraccións de feiras, sen un establecemento aberto ao público, e que pertenzan ás CNAES que se detallan no DOG; taxistas; transporte marítimo de pasaxeiros; transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores; provisión de comidas preparadas para eventos; actividades de exhibición cinematográfica; axencias de viaxes; operadores turísticos; outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos; organización de convencións e feiras de mostras; artes escénicas; actividades auxiliares ás artes escénicas; xestión de salas de espectáculos; actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos; e outras actividades recreativas e de entretemento.

Tramitación áxil e sinxela

Os beneficiarios da axuda, que a recibirán nun pagamento único, terán que comprometerse a manter a actividade económica de alta durante dous meses a contar desde a data de publicación da orde de axudas. A tramitación destes apoios será áxil e sinxela, por medio dunha declaración responsable por parte do solicitante. A finalidade do programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola covid-19 co obxectivo de contribuír ao mantemento da actividade económica e do emprego.

O Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas da Xunta, que se consensuou no seo do Diálogo Social e na Mesa do Emprego Autónomo, e que inclúe unha liña específica de axudas urxentes ao sector da hostalería afectado polo peche decretado pola autoridade sanitaria, está dotado con preto de 80 millóns de euros para manter a actividade de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas.

Plataforma Gohu

A Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade volve a activar a aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico [email protected] para informar en todo momento das novidades. A App pódese descargar para teléfonos con iOS na ligazón https://apps.apple.com/es/app/gohu/id1458130660 e para Android en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.nedaware.postall. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web: www.gohu.es.

R., 2020-11-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES