
Subliñou ademais que esta iniciativa global, que forma parte dos 108 remitidos ao Goberno central para optar aos fondos da UE, baséase na innovación, na tecnoloxía, na dixitalización, na sostibilidade, na formación e no talento.
Ao longo da súa intervención, o presidente do Executivo galego aseverou que estes programas contan cun nexo común: mellorar a competitividade do sector da automoción en España.
Deste xeito, inciden no mantemento da competitividade e a promoción da transformación das factorías e empresas do sector de compoñentes; nas capacidades loxísticas para abaratar custes e na formación continuada dos traballadores, que necesitan formación para o novo paradigma de construción de vehículos; así como na dixitalización das fábricas. Así mesmo, refírense á construción dunha infraestrutura singular para poder probar os coches autónomos e os coches conectados; e a un laboratorio tecnolóxico de propulsión limpa, que permita aproveitar o potencial do hidróxeno verde, complementando este proxecto.
O presidente da Xunta destacou que esta iniciativa global alimenta 24.000 empregos e supón, non só para Galicia, senón para España, non perder a competitividade do sector da automoción. Ademais de subliñar que, con esta presentación, Galicia volve mandar unha mensaxe de aposta pola innovación e de apoio ao sector da automoción.
Así mesmo, trasladou a importancia de que na Mesa da Automoción, que terá lugar o próximo 23 de novembro entre o Goberno central e o sector, estes proxectos de competitividade estean na orde do día.
Feijóo concluíu garantindo o compromiso co sector da automoción, estratéxico para a Comunidade. Queremos seguir estando dentro das rexións europeas máis competitivas; que Galicia siga a ser unha das grandes rexións europeas na produción de vehículos e compoñentes, sentenciou.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.