Actualidad de Economía

Noticias economia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, xunto co director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, mantivo hoxe un encontro con gandeiros da comarca coruñesa do Xallas, iniciando así unha rolda de xuntanzas para explicar as medidas que a Xunta prevé aplicar deica o ano 2025 ao abeiro da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego. Así mesmo, destacou a normativa galega que regulará a xestión integral das dexeccións gandeiras e as figuras de mobilización que habilitará a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria, ao abeiro da cal -dixo- se seguirán decretando procesos de reestruturación parcelaria.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe reservar un lugar preferente ao naval na asignación dos fondos europeos de recuperación, e que España garanta a competencia en igualdade de condicións que outros países europeos, activando novas medidas de apoio. Durante o acto virtual de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, Feijóo expuxo os compromisos que se deberían selar coa industria naval, porque “o sector -recordou- necesita un horizonte despexado, axilización e unha colaboración público-privada”.
O Observatorio Municipal Galego fixo pública a súa última análise da situación económica-financeira dos concellos galegos e nela conclúen que “os municipios gozan, en xeral, de boa saúde e, por tanto, están en condicións de reforzar o apoio ás economías locais nestes tempos de crises”. Segundo este observatorio, iniciativa da Rede Localis, rede xestionada polo grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, “os indicadores amosan unha situación económica-financeira saneada, que posibilitaría non só pensar en axudas concretas para favorecer o mantemento do tecido produtivo, tan danado polas repercusións económicas e sociais da covid-19, senón en actuacións menos esixentes para as contas públicas locais".
Galicia situouse como a terceira comunidade na que menos subiu o paro con respecto a novembro de 2019. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que o desemprego aumentou en todas as comunidades na evolución anual e que o incremento rexistrado en Galicia (13,17%) é máis de sete puntos inferior á media de subida do Estado (20,42%). Lado apuntou, ademais, que pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 4.157 parados menos que ao inicio do impacto da covid-19.
“Galicia incorre anualmente nun coste por xerar titulados que emigran fundamentalmente por cuestións laborais de, como mínimo, 178 millóns de euros ao ano (supondo que os estudantes rematan a súa formación en catro anos), cantidade que se amplía a 311 millóns (se a remata en sete)”. Esta cifra é unha das destacadas no informe Fuga de talento en Galicia. Mito ou realidade? realizado polo Foro Económico de Galicia, entidade xestionada polo Grupo Gen da Universidade de Vigo.
A partir deste sábado e ata o próximo 28 de decembro poden solicitarse as dúas liñas de axuda que faltaban por activar -microempresas e autónomos con persoal a cargo; e establecementos hostaleiros- dentro do Plan de rescate da Xunta de Galicia. Por un lado, microempresas e persoas autónomas con persoal contratado, así como estes colectivos e pemes de sectores especialmente paralizados (lecer nocturno, atraccións de feria e determinadas actividades como transporte, axencias de viaxe, cines, comidas preparadas para eventos, parques de atraccións, etc.) poden solicitar contías que irán dos 4.000 aos 5.000 euros, segundo o caso.
Alberto Núñez Feijóo avanzou que as dúas liñas de axuda que faltaban por activar do Plan de rescate para traballadores autónomos e microempresas, dotado de 84 M€, se convocarán coa publicación no DOG das súas bases. Fíxoo tras lembrar que o prazo para solicitar a primeira das liñas de axudas, a dirixida a persoas autónomas con ou sen empregados, de entre 1.200 e 2.000 euros, xa se abriu a semana pasada. “Recibimos 17.009 solicitudes que xa teñen comprometidos 21 M€”, sinalou. Con respecto ás dúas liñas de axudas que se activarán, no caso da dirixida a microempresas e persoas autónomas con persoal contratado, os beneficiarios poderán optar a apoios de 4.000 euros, mentres que os de sectores especialmente paralizados recibirán 5.000 euros.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este crecemento é dúas décimas superior á caída rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia. En canto á evolución interanual, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 6,2%. Esta baixada é 2,5 puntos inferior á rexistrada pola economía española para o mesmo período, que foi do -8,7%.
A Xornada Mixta de Networking Transfronterizo SPIN_UP serviu como marco para a presentación de 42 proxectos emprendedores alén de xerar encontros de networking entre empresas e emprendedores para impulsar a transferencia de tecnoloxía. Foron un total de dezaseis empresas as que solicitaron reunións, chegando ao medio cento de encontros. O vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, en calidade de conselleiro delegado de Uninova presidiu un acto no que tamén tomaron parte a responsable de emprendemento da Universidade do Porto, Joana Resende; e a técnica de Uninova Mónica Suárez, quen explicou os obxectivos dunha xornada que favoreceu o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento.
O Clúster Audiovisual Galego organiza un ano máis o encontro profesional I+P. Ideas para producir, que celebra a súa 14ª edición cun formato adaptado para o seu desenvolvemento en liña. Así se presentaron os 18 novos proxectos de cinema e televisión seleccionados para o pitching, que foi seguido en directo polos responsables de contidos de destacadas canles de televisión, plataformas produtoras e distribuidoras. Tras el, terán lugar as reunións un a un personalizadas polo Clúster na procura de posibles acordos cara á materialización destas propostas.
« Anterior | 41  de  388 | Siguiente »

Notas economia

O acordo enmárcase no VIII Centenario da peregrinaxe de San Francisco de Asís a Compostela. A compañía de distribución galega contribuirá a fomentar o recoñecemento do Camiño de Santiago a través do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa.
Es la primera vez que una empresa de Galicia consigue alcanzar el reconocimiento europeo a la máxima excelencia EFQM 500+. La entidad, nacida en Vigo hace 15 años, tiene 400 empleados en Galicia y delegaciones en toda España, América Latina y países del Este Europeo. El 80% de su plantilla está formado por mujeres, que son responsables de más del 50% de los puestos directivos.
No marco da World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico, Turismo de Galicia promoveu unha misión comercial na que participan 16 empresarios hostaleiros galegos, a través do Clúster galego. Os turistas británicos no que vai do ano 2014 supuxeron o 6.5% do total de visitantes estranxeiros en Galicia.
O director do Igape da Consellería de Economía, Javier Aguilera, destaca na clausura do I Foro Emprendemoda a relevancia do sector para a economía galega. Lembra os apoios que a Xunta achega para facilitar a mellora da competitividade sectorial, a través do clúster, e para impulsar as estratexias de internacionalización neste sector estratéxico cara o horizonte 2020.
O titular do Goberno galego reuniuse coas principais empresas exportadoras galegas no Foro da Internacionalización, co fin de incrementar o peso das exportacións no PIB ata o 40% en 2020 xa que entende que competir fóra non só é o mellor xeito de saír da crise senón de estabilizar a economía.
“Nestes presupostos de 2015 volvemos ser a segunda comunidade autónoma con maior investimento por habitante, sendo Ourense a provincia con maior investimento en ferrocarril de España”, asegura Feijóo que salienta que esta liña galega é a obra máis difícil de ferrocarril na historia de España.
Turismo de Galicia manterá xuntanzas de traballo cos operadores turísticos especializados en turismo de reunións máis importantes de Italia. Preto de 81.000 italianos visitaron Galicia nos oito primeiros meses de 2014, o que supón un 12,3% do total de turistas rexistrados.
La empresa AKÍ especializada en bricolaje, jardinería y decoración, perteneciente al Grupo Adeo y reconocida por su cercanía, equipo de profesionales y asequibles precios, conmemora sus nueve años en Lugo con importantes promociones y actividades para toda la familia.
Tamén aposta polo medio ambiente e reitera o obxectivo de que o 95% do total do consumo en Galicia proveña de fontes renovables. Destaca que Galicia é a segunda produtora de enerxía eólica: produce o 17,4% da electricidade de España xerada con tecnoloxía eólica, un 18% máis que en 2012.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o director de I+D+i de PSA Peugeot Citroën, Jean Marc Finot, sinalan que que os proxectos de innovación que están a levar a cabo CTAG en colaboración co xigante galo, reforzan a competitividade da compañía e da factoría de Balaídos.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES