Notas de prensa

Feijóo e Ana Pastor visitan as obras do AVE Madrid-Galicia nun tramo entre túneles

“Nestes presupostos de 2015 volvemos ser a segunda comunidade autónoma con maior investimento por habitante, sendo Ourense a provincia con maior investimento en ferrocarril de España”, asegura Feijóo que salienta que esta liña galega é a obra máis difícil de ferrocarril na historia de España.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que a liña de alta velocidade que actualmente se está a construír en Galicia confirma que “a obra máis difícil de ferrocarril da historia de España se está a realizar no momento máis difícil da economía do país. Así o manifestou hoxe na visita que realizou xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, ás obras do tramo entre os túneles do Espiño-A Canda-Vilavella do AVE Madrid-Galicia.

O mandatario galego sinalou que, aínda que queda por unir por tren de alta velocidade Lugo e Ferrol co resto da columna vertebral da alta velocidade de Galicia cara a Madrid, as obras visitadas hoxe confirman que “a obra máis difícil de ferrocarril da historia de España se está facendo no momento máis difícil da economía do país”. “Unha obra que cambiará a economía produtiva de Galicia, a nosa relación co resto de España e a visión de España de Galicia”, aseverou.

Feijóo aseverou que en cuestión de poucos meses, inaugurarase o Eixo Atlántico de alta velocidade que une A Coruña con Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, “conforme aos prazos dados”. E que, á súa vez,”Ourense verá reducido o tempo de conexión con Madrid en máis de 30 minutos, grazas á chegada do AVE a Zamora. Isto significará, agregou, que “a partir do ano 2015 será máis rápido circular Galicia - Madrid en tren que en coche”. “Estou convencido de que, conforme á execución das obras e aos orzamentos aprobados, o obxectivo de ter rematado o tren de alta velocidade completo no 2018 é un obxectivo que se pode acadar e que imos acadar”, abundou.

NotaO presidente da Xunta referiuse aos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2015 como a proba da vontade do Goberno central, que preside Mariano Rajoy, de culminar a valente tarefa de rematar co déficit das infraestruturas ferroviarias de alta velocidade cara ao noroeste, concretamente, Castela e León-Galicia.

Se non hai tantos anos se falaba de que o obxectivo de Galicia era conquerir un 8% do total dos investimentos do Estado nos Orzamentos, Feijóo destacou que, nos últimos tres anos “ese 8% anhelado transformouse en máis dun 12% do total dos investimentos nos Presupostos Xerais do Estado”; deste xeito, incidiu en que Galicia é unha das comunidades con maior investimento de España.

“Nestes presupostos de 2015 volvemos ser a segunda comunidade autónoma con maior investimento por habitante, sendo Ourense a provincia con maior investimento en ferrocarril de España, o que significa que a porta de entrada do tren de alta velocidade como é Ourense se consolida definitivamente para ser unha porta aberta ás infraestruturas, á competitividade da economía, aberta a millóns de persoas e aberta, en definitiva, ao progreso e ao benestar”, subliñou.

Diante destes datos, o responsable do Goberno autonómico considerou de xustiza recoñecer a determinación dun Goberno que, “está facendo as obras máis difíciles de España nos momentos máis difíciles”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Ourense:

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañou, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e outras autoridades, á ministra de Fomento, Ana Pastor, na súa visita ás obras do AVE ao seu paso pola Gudiña. O presidente provincial amosou a súa satisfacción porque Ourense “volva ser en 2015 a provincia de España que recibirá máis investimentos –case 600 millóns de euros para a Liña de Alta Velocidade-, e agradeceu este esforzo investidor do executivo de Mariano Rajoy nus momentos difíciles, engadindo: “Ana Pastor cumpre: fala no BOE, que é onde falan os gobernos”.

En total, a provincia de Ourense recibirá en 2015 un investimento do Estado de 643,3 millóns de euros, cifra superior á do ano pasado, cando o investimento consignado foi de 610,89 millóns. Manuel Baltar considera que son uns orzamentos “con nomes e apelidos, que contribúen a poñer en valor os proxectos propios de Ourense".

O investimento de Fomento na provincia de Ourense ascende a 605 millóns de euros (un 2,4% máis que o ano pasado) e dentro dela hai que subliñar os investimentos en Alta Velocidade para a liña Lubián-Ourense, para a que se consignan 578,16 millóns de euros dentro da partida de Adif para a alta velocidade.

Noa súa visita, Ana Pastor comprobou o avance das obras no tramo comprendido entre Lubián (Zamora) e Ourense, de 100 quilómetros de lonxitude e percorreu o traxecto entre Vilariño de Conso e Vilavella. Os Presupostos Xerais do Estado para 2015 contemplan un investimento de máis de 890 millóns de euros para o eixe Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, o que proporcionará un importante impulso ao desenvolvemento das obras da Liña da Alta Velocidade, que chegará a Zamora en 2015, estando prevista a entrada en servizo do resto da conexión con Galicia para o ano 2018.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia + Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2014-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES