//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias. Durante a sinatura, Feijóo aseverou que se dá así un paso adiante fundamental, consensuando as prioridades co sector e cos consumidores, dentro do Observatorio Galego de Vivenda. Estruturado en catro liñas estratéxicas e con preto de medio cento de accións que combinan medidas implantadas con 12 iniciativas novidosas, o titular da Xunta subliñou que para acadar todos os obxectivos prevese un investimento directo duns 433 millóns.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a necesidade de que os intereses atlánticos e cantábricos do sector se teñan en conta na política agraria europea e no reparto dos seus fondos. Ao respecto, aseverou que Galicia está en contacto coas demais comunidades da Cornixa cantábrica para, trasladar ao Ministerio unha proposta o máis pechada posible para que se teñen en conta as prioridades e os intereses atlánticos e cantábricos.
A economía galega amosa un mellor comportamento que a do conxunto do estado fronte ao impacto da pandemia da covid-19. Esta é unha das conclusión do último Informe de Conxuntura Económica realizado polo Foro Económico de Galicia, entidade xestionada polo Grupo Gen da Universidade de Vigo. Segundo os datos correspondentes ao terceiro trimestre de 2020 recollidos na publicación, a comunidade autónoma presenta unha contracción do seu Produto Interior Bruto do -6,2%, fronte a -9% da media estatal, estando estes dous datos por baixo da media da Unión Europea (-4,2%).
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que por mor da Covid-19 o desemprego aumentou en todas as comunidades na evolución anual e que o incremento rexistrado en Galicia (14,69%) é máis de oito puntos inferior á media de subida do Estado (22,90%), o que sitúa á Comunidade como a cuarta na que menos ascendeu o desemprego respecto de decembro de 2019. Lado apuntou, ademais, que pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 2.042 parados menos que no inicio do impacto da covid-19.
O ingreso medio dos fogares galegos aumentou en 2019 un 4,3% ata situarse nos 2.290 mensuais, o que supón o sétimo ano consecutivo no que medra este indicador económico. Ademais, é a cifra de ingresos máis alta de toda a serie histórica que se iniciou en 2007. Así o recolle a última Enquisa Estrutural a Fogares, publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que analiza a composición, a situación económica e o gasto que realizan os fogares de Galicia.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a Xunta chegará, na semana actual, a pagar o 70% das solicitudes de axudas do Plan de rescate dedicado á hostalería, ás microempresas e aos autónomos. E ao longo do mes de xaneiro está previsto que se abone o resto de peticións que cumpren os requisitos, precisou sobre os 86,2 millóns de euros dedicados a este Plan. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo salientou que, neste período de tempo, recibíronse 40.147 solicitudes, tramitáronse o 100% e pagáronse xa o 68,3% do total, é dicir, 27.423 axudas, por un importe de 53,3 millóns de euros.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación do decreto de prórroga dos actuais orzamentos, que se aplicará ata que entren en vigor as contas públicas aprobadas para 2021. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que os orzamentos prorróganse debido ao retraso na achega por parte do Goberno central da información necesaria para poder elaborar o teito de gasto. Isto provocou a necesidade de prorrogar os orzamentos, polo menos, durante as primeiras semanas de 2021, dixo, precisando que con esta prórroga garántese o normal funcionamento da Administración e dos servizos públicos que presta, como o sanitario, educativo e servizos sociais.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta mañá que o estatuto electrointensivo aprobado polo Goberno responde a un criterio territorial e non a unha verdadeira aposta pola industria, apuntando que non só chega tarde, senón que é insuficiente e non dá unha resposta aos grandes consumidores de enerxía no noso país, que non poden competir en igualdade de condicións con respecto a outros países como Francia ou Alemaña. Tal e como apuntou o conselleiro, Galicia sae unha vez máis prexudicada fronte a outros territorios, ao recortarse as axudas á industria da Comunidade.
Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre do ano e sitúase no 19,0% ao peche do terceiro trimestre.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, demandou hoxe ao Goberno de España un reparto equitativo e equilibrado dos investimentos para que non se agrande a brecha entre o Corredor Mediterráneo e o Corredor Atlántico de Mercadorías. Na súa intervención esta tarde no Pazo do Hórreo, Vázquez Mourelle lamentou que os Orzamentos Xerais do Estado para 2021 non contribúan a paliar o déficit de investimentos no noroeste peninsular nin á vertebración e ao equilibrio territorial.
Como novidade, Turismo de Galicia promociona o sendeirismo e o cicloturismo nas feiras FIETS En Wandelbeurs, de Amberes, e Unibike, de Madrid. Amplíase, tamén, a promoción do Camiño de Santiago á feira Koinè, de Vicenza, así coma o turismo galego en xeral en Canadá a través do certame internacional Tourism & Travel.
O DOG publica a convocatoria de 2015 das axudas aos investimentos para elaboración e comercialización de viño. Estas subvencións financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) están dotadas con 8.027.730 euros para o período 2015-2018. Pódense solicitar na Xunta ata o 31 de xaneiro.
A institución provincial vén de aprobar en Xunta de Goberno un convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) por importe de 60.000 euros e súmase aos asinados coa Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU) ou coa Asociación de Autónomos de Galicia (AUGA).
A Xunta e o LIGAL colaborarán en actividades formativas, divulgativas e científicas sobre a calidade, a produción, a transformación e a comercialización do leite, co fin de crear sinerxías para favorecer a eficiencia dos recursos e a colaboración a través da participación en proxectos conxuntos de I+D+i.
O II Foro Económico del Negocio de la Moda organizado por Cointega posiciona o valor da competitividade do sector como clave para o seu éxito noutros mercados. O Goberno galego respalda 40 proxectos innovadores neste eido que mobilizan máis de 12 millóns de euros e aposta pola axenda Galicia-Industria 4.0.
La calidad de la despensa gallega, los productos de la tierra y del mar, posicionan a esta Comunidad en el exterior y promociona sus riquezas gastronómicas más allá de sus fronteras. Para las comunidades gallegas en el exterior la gastronomía basada en los productos autóctonos de calidad es, desde luego, un punto de encuentro fundamental.
A Praza Maior acolleu a iniciativa Galicia Calidade en ruta, cun showcooking e unha cata de viño para fomentar o consumo de produtos con este selo de garantía. A marca conta con máis de 250 produtos certificados de 51 empresas diferentes para acceder aos mercados máis competitivos e esixentes.
A presidenta de Galicia Calidade, Sol Vázquez Abeal, defendeu hoxe que a marca Galicia Calidade é o mellor pasaporte das empresas galegas, xa que representa o ADN galego dos produtos e servizos e o compromiso coa calidade. Esta nova estratexia pretende conseguir que pouco a pouco, os consumidores e usuarios identifiquen que Galicia é igual a Calidade, xa que esta aposta é o mellor xeito de acceder aos mercados máis competitivos e esixentes.
As empresas galegas mantiveron reunións con representantes ou colaboradores de cadeas como Hilton, Marriot ou Mandarin Oriental Hotel Group, nun encontro organizado por Economía e Industria para facilitar contactos bilaterais con profesionais especializados no deseño e equipamento integral de espazos colectivos.
Este proxecto que percorre as sete grandes cidades de Galicia arranca o venres, 28 de novembro, en Santiago de Compostela e remata o 20 de decembro en A Coruña. Showcookings, degustacións e catas de viño servirán para fomentar o consumo dos produtos certificados.