Noticias

Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre do ano e sitúase no 19,0% ao peche do terceiro trimestre.

Galicia amplía o diferencial coa media autonómica, que é 7,3 puntos inferior á media de comunidades (26,3%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

Volume de débeda

En canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas situouse nos 301.722 millóns de euros, dos cales o 3,75% -11.325 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Os datos oficiais do Banco de España ratifican que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

R., 2020-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (raios.jpg) A Rede de detección de raios de MeteoGalicia contabilizou no que vai de ano un total de 12.825 raios, o que supón o 80% de todos os rexistrados durante o pasado 2025. O 42% dos raios rexistrados este ano -5.371- caeron a pasada fin de semana. En concreto, entre o venres 22 e o luns 25 de maio e, ademais, ese venres e o domingo 24 foron as xornadas con máis raios de todo o ano. O que aconteceu a semana pasada é que se deron as circunstancias perfectas para que se produciran esas treboadas: aire moi cálido en superficie procedente do norte de África -como quedou demostrado pola presenza de partículas de polvo sahariano en suspensión- e frío en altura nas capas medidas e altas da atmosfera.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) Galicia, once comunidades autónomas -Andalucía, Cantabria, A Rioxa, Rexión de Murcia, a Comunidade Valenciana, Aragón, Canarias, Estremadura, Illas Baleares, Madrid e Castela e León- e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla veñen de enviar unha carta á comisaria europea de Medio Ambiente, Resiliencia Hídrica e Economía Circular Competitiva, Jessika Roswall, na que defenden o rigor técnico da súa xestión do lobo e denuncian a actitude arbitraria do Goberno central nesta materia, que pretende declarar o estado de conservación desta especie como desfavorable cando os datos científicos indican que é favorable.

Notas

O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar o premio María Josefa Wonenburger Planells 2026 á doutora en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, Yolanda Prezado. Este galardón, que lle foi comunicado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, pretende recoñecer o seu labor de investigación no eido da radioterapia e a decisión foi acadada por consenso e unanimidade.
O mercado de Sabarís converteuse nun gran laboratorio científico coa celebración da quinta expo-feira da UVigo 'A ciencia que vén ten nome de muller', iniciativa que reuniu máis de 300 escolares de educación infantil e primaria de centros de Baiona, Gondomar e Nigrán arredor de experimentos, xogos e obradoiros pensados para achegar a ciencia á sociedade desde unha perspectiva participativa e inclusiva.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES