O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se convocan para o 2015 as axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas.
A dotación total destas subvencións financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) será de 8.027.730 euros para o período 2015-2018, coa seguinte distribución anual:
ANUALIDADE
IMPORTE
2015
2.760.632
2016
2.051.611
2017
1.715.487
2018
1.500.000
TOTAL
8.027.730
Poderán acollerse a estas subvencións as microempresas e pequenas e medianas empresas que produzan, comercialicen ou realicen ambos procesos respecto aos produtos vitivinícolas.
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación solicitada, remata o 31 de xaneiro de 2015.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.