
É dicir, con respecto a abril de 2020, cando se rexistrou a cifra máis alta de paro, marcando o impacto inicial da crise sanitaria, hai unha diferencia de -1,07%. Ademais este decembro rexistrouse un descenso de máis do 5% no desemprego no tramo de traballadores e traballadoras menores de trinta anos.
A xuízo da directora xeral, aínda que a pandemia condicionou a reactivación das actividades impulsadas polo Nadal, Galicia continúa en niveis de paro inferiores aos de 2008, no inicio da anterior crise económica. Se agora o incremento interanual se sitúa nun 14,69%, daquela era do 22,53%. A variación mensual, indicou Lago, dista tamén dos rexistros medios do quinquenio 2008-2012. Nos meses de decembro o paro subía de media en 5.551 persoas, fronte as 2.115 contabilizadas este decembro.
Os datos do mes de decembro reflicten que estamos ante unha situación conxuntural motivada pola Covid-19, indicou Zeltia Lado, quen subliñou que o Goberno galego está a traballar no deseño de medidas que permitan paliar coa maior celeridade posible os seus efectos. Neste sentido lembrou que a Xunta está a resolver en tempo récord as axudas do Plan de Rescate para autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros dotado con 86,2 millóns de euros.
Lado avanzou que a Consellería de Emprego e Igualdade retomará o Diálogo Social e as reunións cos autónomos tras as festas de Nadal para activar o antes posible novas medidas de apoio que acompañen aos sectores prexudicados pola pandemia.
A Xunta traballa ademais, tal e como lembrou, en novas iniciativas empresariais para crear emprego e desenvolvemento económico co eixo común de atender necesidades non cubertas no territorio. Trátase, tal e como detallou, de contribuír a desenvolver cadeas de valor vinculadas a industrias ou servizos presentes no territorio para crear emprego e economía social de proximidade.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.