
É dicir, con respecto a abril de 2020, cando se rexistrou a cifra máis alta de paro, marcando o impacto inicial da crise sanitaria, hai un descenso do -2,17%. A directora xeral tamén indicou que Galicia continúa en niveis de paro inferiores aos de hai 11 anos (novembro de 2009), pese ao aumento do 13,17% rexistrado, xa que o incremento en novembro de 2009 foi do 19,91%. En canto aos datos de afiliacións, Galicia continúa con máis dun millón de cotizacións á Seguridade Social, situándose a un nivel superior ao reflectido hai dez anos.
Na comparativa mensual -o paro creceu un 3,40% con respecto a outubro- apuntou que o desemprego vén aumentando en novembro desde 1996, a serie histórica de datos, polo que o crecemento producido segue a tendencia rexistrada desde ese ano e, pese á covid-19, o incremento é moi inferior á media rexistrada entre 2008 e 2012, os anos da crise económica. Engadiu, ademais, que a subida débese principalmente ao peche parcial por recomendación sanitaria da hostalaría e á limitación perimetral.
Para facer fronte a estes datos e loitar contra a pandemia, Lado destacou que a Consellería de Emprego e Igualdade conta cuns orzamentos centrados en recuperar o antes posible o emprego que está a destruír a crise sanitaria. Son uns orzamentos para loitar contra a pandemia e construír a mellor Galicia posible con máis oportunidades laborais, afirmou.
Así, o presuposto do departamento autonómico conta con 355 millóns de euros, un 32% máis con respecto aos de 2020, duplicando a subida xeral dos orzamentos da Xunta e situándose como o máis alto de toda a serie histórica nestas áreas para facer fronte á covid-19. O reto principal é crear e manter a actividade económica, promovendo a igualdade de oportunidades. É un orzamento centrado nas persoas, cun apoio relevante nos desempregados e desempregadas e co foco posto na realidade de Galicia, no actual contexto socioeconómico xerado pola crise sanitaria para dar resposta a esta nova circunstancia, matizou.
Un dos novos retos do documento económico é a creación dun novo Servizo Público de Emprego coa posta en marcha dun renovado sistema operativo para identificar, a través da intelixencia artificial e da analítica avanzada, as necesidades do mercado laboral en tempo real para axustar a oferta á demanda. Son unhas contas para facer fronte ao impacto que está a xerar a pandemia nas familias e nos nosas traballadoras e traballadores, rematou.
Galicia experimenta unha subida no desemprego do 13,17% respecto a novembro de 2019
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.