
Como consecuencia das actuais limitacións derivadas da crise sanitaria, a xornada, ademais do formato presencial na sede da Área Empresarial do Tambre, a onde acudiron os socios españois do proxecto, tamén se retransmitiu por streaming, formato que seguiron os socios portugueses.
Este encontro celebrouse no marco do proxecto SPIN_UP Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de spinoffs universitarias e startups innovadoras cofinanciado ao 75 % polo programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, ten como obxectivo final estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento mediante o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento. Como socios do proxecto participan, da parte española, Uninova, Igape, Asociación Área Empresarial do Tambre e Cámara de Comercio Santiago, e, da parte portuguesa, Universidade do Porto e Anje.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.