Noticias

A nova estratexia do sector lácteo permitirá impulsar a innovación e chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia. Durante unha reunión cos directivos do Grupo Leche Río, Feijóo anunciou tamén que esta semana se aprobarán os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. “Uns Presupostos que presentamos ás poucas semanas de tomar posesión e co obxectivo de que nos primeiros meses de 2021 teñamos as contas ordenadas”, dixo, aseverando que supoñen un compromiso con Galicia, conscientes da situación que se está a vivir.

Deste xeito, precisou que os Orzamentos de 2021 terán como obxectivo paliar os problemas da pandemia e incluirán a conxelación de todos os soldos do Goberno galego. “Nestes momentos de dificultade, o Goberno da Comunidade ten que ser o primeiro en apertarse o cinto e mandar unha mensaxe ás familias e ás persoas que están pasando un mal momento; os Orzamentos de 2021 van para eles, para reactivar a economía, para inxectar capacidade económica aos sectores produtivos e para facer un investimento excepcional co obxecto de manter o emprego”, abundou.

No tocante á nova estratexia do sector lácteo que se presentará o vindeiro mércores, Feijóo subliñou que esta iniciativa contará con cinco eixes: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación. “E aspirará ademais a aumentar o peso das denominacións de orixe protexidas de queixo na transformación industrial”, resaltou, asegurando que para iso se porán en marcha campañas de promoción das denominacións e a adaptación dos formatos e envases ás demandas do consumo.

Así mesmo, no eido da I+D+i e da profesionalización da industria, o presidente da Xunta destacou melloras na formación no referido á tecnoloxía industrial, loxística e seguridade alimentaria; e o impulso dun proxecto de investigación do sector coas universidade para reducir a pegada de carbono.

Logo de lembrar que esta estratexia forma parte do Plan de reactivación e dinamización do rural, que xerará un impacto económico de máis de 560 millóns de euros, o responsable do Goberno galego destacou o compromiso deste grupo co rural, reflectido nas máis de 450 explotacións coas que traballan: “Tenacidade, esforzo e inconformismo son as cualidades que definen a esta empresa”, concluíu.

R., 2020-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES