
Nesta liña, aseverou que Galicia non vai perder un minuto en prepararse para a reconstrución da nosa economía. Ao respecto, referiuse, a modo de exemplos, á constitución do comité de expertos, á creación dunha comisión interdepartamental; e o pasado venres, constituímos o primeiro foro no que participaron as 60 empresas de maior facturación en Galicia, para debater sobre os proxectos tractores que imos plantexar no ámbito da transición enerxética, a dixitalización, a industria 4.0 e a modernización dos servizos públicos, engadiu.
Sobre este punto, confirmou que, ademais dos sete proxectos xa presentados -que suporán un investimento de 3.200 millóns de euros e crearán 18.000 empregos-, no Consello de mañá xoves avaliarase un informe completo con todos os proxectos que a Comunidade presentará ante o fondo de reconstrución europea.
Proxectos sólidos dos distintos sectores da economía galega, que serán remitidos ao Goberno central, neste mes de outubro, co obxectivo de ser unha das primeiras comunidades en facelo e para que España poida presentalos ante a Unión Europea, espero que de forma rigorosa e mediante un sistema de concorrencia competitiva, e non mediante un sistema de adscrición de fondos a territorios en función de intereses políticos, insistiu.
O presidente da Xunta concluíu apelando á política útil, capaz de xerar certezas e estabilidade onde hai dúbidas. Estamos ante unha gran crise de proporcións descoñecidas. Pero tamén estamos ante unha oportunidade, sentenciou.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.