Notas de prensa

Galicia Calidade incorpora ao selo de garantía os viños da adega ourensá Quinta do Buble

Dez adegas galegas das cinco denominacións de orixe contan coa marca de garantía. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o director-xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeron entrega do distintivo en Oímbra.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o director-xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeron entrega en Oímbra do certificado de uso da marca de garantía ao propietario da adega ourensá Quinta do Buble. O certificado de uso, con validez para os vindeiros tres anos, permitirá ás empresas incluír o distintivo Galicia Calidade nas etiquetaxes, así como nas diferentes accións de promoción que leven a cabo.

Con esta incorporación Galicia Calidade, que certifica na actualidade 300 produtos e servizos de 50 empresas galegas, cunha importante presenza do sector vinícola, conta con dez adegas certificadas das cinco denominacións de orixe galegas: Adega dos Eidos, Adegas Tollodouro, Bodega Castro Baroña, Bodegas Nairoa, Bodegas Pazo Villarei, Bodegas Ruchel, Gargalo e Vilarvín, ás que se suma agora Quinta do Buble.

O delegado territorial e o director-xerente de Galicia Calidade destacaron que cada vez son máis os consumidores que buscan produtos amparados polo certificado de garantía galego xa que recoñecen nel “confianza, prestixio e calidade”.

Quinta Do Buble S.L, dedícase desde o ano 2002, amparada pola D.O Monterrei, á elaboración de viños, utilizando como materia prima principalmente as variedades de Godello e Mencía, e servíndose tanto de métodos tradicionais como das técnicas mais avanzadas de vinificación para obter uns caldos con aromas e sabores propios do val de Monterrei.

As súas instalacións, situadas no Concello de Oímbra, ó sueste da provincia de Ourense, e recentemente reformadas, permítenlle na actualidade a elaboración dunhas 180.000 botellas anuais. Entre os seus produtos cabe destacar o seu “Quinta Do Buble Godello”, galardoado con numerosas distincións de prestixio internacional.

Un estrito control nas viñas, a minuciosa selección de uva, o coidado especial nas distintas fases do proceso e as singulares características do entorno natural, permiten a Quinta Do Buble, ofrecer viños que reflicten de maneira fiel o traballo realizado durante os últimos anos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES