Noticias

A Xunta celebra que os Orzamentos do Estado recollan a petición de bonificar as peaxes da AP-9

A Xunta celebra que o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado atendan, por fin, as demandas que a Administración autonómica vén facendo en relación coa AP-9, a supresión da peaxe de Redondela e rebaixas nas peaxes da autoestrada; e agarda, que nesta ocasión, non quede en promesas incumpridas. O Goberno galego acadou, no ano 2018, o compromiso do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy, de liberación da peaxe de Redondela que, ao fin, aparece recollido nas contas presentadas no día de hoxe ante o Congreso.

A Xunta agarda que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concrete a aplicación concreta das bonificacións recollidas no Proxecto de Orzamentos Xerais e estará vixiante para garantir que beneficien ao conxunto dos usuarios e non incrementen os beneficios da concesionaria.

Á marxe disto, o Executivo autonómico lamenta a ausencia de bonificacións na AP-53 e de partidas orzamentarias para infraestruturas estratéxicas para Galicia, tanto en materia de comunicacións viarias como no terreo das conexións ferroviarias dos portos ou nas estacións intermodais.

Investimento para Galicia

Non obstante, a Xunta lamenta que o proxecto de PGE para 2021 rebaixe o investimento previsto para Galicia nun 11% en relación aos últimos orzamentos aprobados polo Goberno anterior, e que se quede en 832 millóns de euros, a cifra máis baixa dos últimos 15 anos.

Por outro lado, o Goberno galego considera que os orzamentos medran a costa de subir os impostos ás familias, aos autónomos e ás pemes, posto que a maior parte desta suba non é para os que máis gañan nin para os que máis teñen, polo que prexudica ás clases medias e ás empresas nun momento excepcional no que necesitan apoio.

R., 2020-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES