Notas de prensa

8 empresas do sur de Pontevedra implantaranse en Marrocos a través de Primex

O obxectivo do proxecto é mellorar o seu volume de negocios aplicando o seu coñecemento á crecente industria de automoción e aeronáutica que se está a desenvolver no norte de Marrocos. O primeiro programa para a implantacións conxunta de empresas galegas no exterior prevé mobilizar 6 millóns de euros no ano 2014.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro no Porriño con representantes de International Service Group, unha agrupación de empresas que está a facilitar, co apoio da Consellería de Economía e Industria, a implantación comercial en Tánxer (Marrocos) de oito compañías do sur da provincia de Pontevedra de sectores como o auxiliar de automoción, o aeronáutico e o téxtil.

Durante o encontro desenvolvido na sede de Aega Automática y Electricidad S.L., Aguilera Navarro destacou o potencial da cooperación para que as pemes poidan internacionalizarse, así como o impulso que está a dar a Consellería de Economía e Industria aos procesos de internacionalización do tecido empresarial galego.

Como un dos mellores instrumentos, Aguilera salientou a cooperación ao abeiro do plan Primex, no que está a participar IS Group, e que este ano prevé mobilizar arredor de 6 millóns de euros en investimentos promovidos por grupos de polo menos tres empresas dispostas a cooperar para impulsar a súa primeira implantación comercial en mercados internacionais.

En IS Group cooperan, contando co apoio deste programa, oito empresas do Porriño, Vigo e Ponteareas: Neuwalme, Francisco Fernández Lijó, Orval, GIPAT, Delta Montajes, Aquapunto, Indupor e Aega, que ademais lidera a sociedade localizada na Zona Franca de Tánxer, en Marrocos. O obxectivo de IS Group é proxectar a actividade de cada unha das empresas agrupadas para ampliar e mellorar o seu volume de negocios aplicando o seu coñecemento industrial á crecente industria de automoción e aeronáutica que se está a desenvolver no norte de Marrocos.

O plan Primex da Consellería de Economía e Industria impulsou polo de agora a posta en marcha de preto de 50 proxectos de cooperación nos que participan 250 empresas galegas que se están a implantar en 21 países. A presentación de solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2014 está aberta ata o próximo 3 de marzo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-02-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES