Notas de prensa

Feijóo viaxa a México e Panamá para buscar oportunidades económicas

A axenda do presidente da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, inclúe diversos encontros institucionais, económicos e coa colectividade galega buscando oportunidades para Galicia nos dous países.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inicia unha viaxe institucional a México e Panamá para seguir afondando nas oportunidades económicas e industriais que ambos os dous países ofrecen.

Durante a viaxe, na que estará acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o responsable do Executivo galego manterá diversos encontros institucionais e económicos, e reunirase tamén coa colectividade galega. Deste xeito, o Goberno galego segue centrando na economía a súa axenda exterior, apostando de forma decidida pola internacionalización da economía galega.

Non en van o país azteca vén de dar, a través da alianza estratéxica coa petroleira Pemex, grandes oportunidades a Galicia, que a Xunta se propón continuar no futuro. Por iso, manter México como un aliado privilexiado e aproveitar as posibilidades de mercado que para as empresas galegas ofrece Panamá, diante do seu crecemento, son os obxectivos principais desta viaxe.

A Xunta seguirá tendo nestes dous países un destino prioritario dentro da súa axenda internacional e, neste sentido, cómpre lembrar o labor levado a cabo pola Rede de Plataformas no Exterior. A Rede Pexga tense demostrado axeitada polo seu nivel de actividade especialmente nos mercados de América Latina, xa que as catro plataformas latinoamericanas concentran máis da metade das accións realizadas.

Os datos teñen demostrado que seguir afondando na internacionalización é útil para a economía galega e útil para os emprendedores. Desde o ano 2009 conseguíronse avances moi importantes neste eido que permitiron, por exemplo, incrementar un 29 % o número de empresas exportadoras ata chegar case ás 6.400, así como acadar un récord histórico de exportacións, que sumaron 18.419 millóns de euros o pasado ano. Isto representa un 32 % máis que en 2009, sendo Galicia a cuarta comunidade máis exportadora de toda España en 2013, ano en que as exportacións galegas medraron un 11,7 %.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES