//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou esta mañá a evolución do paro rexistrado no mes de agosto que sobe lixeiramente como ocorre coa media estatal, así como os datos de afiliacións á Seguridade Social que volven medrar por cuarto mes consecutivo (entre maio e agosto) e permiten recuperar o emprego perdido nos meses de marzo e abril. Así, se temos en conta as afiliacións medias, Galicia suma en agosto 7126 cotizantes máis (+0,71%) ata chegar a 1.012.794 afiliados, o que se traduce en 230 afiliacións ao día.
O PIB de Galicia descendeu no segundo trimestre do ano un 14,5% en taxa trimestral por mor do efecto negativo da covid-19 sobre a maioría dos compoñentes da oferta e da demanda, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este descenso é catro puntos inferior ao rexistrado polo conxunto de España (-18,5%), tal e como xa avanzou o Instituto Nacional de Estadística (INE). O PIB galego volve rexistrar así unha mellor evolución que a media española, posto que no primeiro trimestre (afectado xa pola covid-19) a economía española baixara en taxa trimestral un 5,2%, unha caída tres décimas maior que a rexistrada polo PIB galego (4,9%).
Impulsar unha ducia de proxectos de emprendemento no sector mariño-marítimo é o obxectivo do proxecto europeo Sherpa do Mar, no que toma parte a USC, e que pon en marcha as denominadas Sherpa Journeys, un programa de apoio e acompañamento personalizado ao emprendedor co que axudar ás persoas participantes a desenvolver as súas ideas de negocio, mellorar o seu nivel de desempeño emprendedor, así como a competitividade dos propios proxectos. A convocatoria permanece aberta ata o vindeiro 15 de setembro. Baixo o paraugas de Sherpa do Mar desenvolveuse unha pormenorizada metodoloxía de apoio personalizado ao emprendedor.
Un total de 28 pemes galegas solicitaron as axudas do programa para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a covid-19. Esta liña de apoios que puxo en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape está dotada con 5 millóns de euros e ten como obxectivo contribuír ao incremento da prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. Con achegas que poden acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deben ter un custo igual ou superior a 100.000 euros.
A Delegación do Goberno subliña o descenso dun 23% das persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto. Os sectores con máis recuperación de emprego son os de servizos de aloxamento e transporte. O delegado do Goberno, Javier Losada, explicou que entre o pasado 31 de xullo e esta última fin de semana, un 23% das persoas en suspensión temporal de emprego en Galicia finalizaron esta situación. Trátase dunha recuperación da actividade laboral en todos os sectores, agás na das axencias de viaxe, o único que medrou (1%).
A Xunta defenderá na Comisión bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia a legalidade das modificacións relativas ao imposto de sucesións e doazóns e a Lei do solo que se recollían na Lei de medidas fiscais e administrativas.
No imposto sobre sucesións e doazóns, o Goberno considera que o requisito fixado de que o centro principal da empresa deberá estar situado na comunidade autónoma para aplicar a redución fiscal pode contravir a normativa da U.E.
A Xunta de Galicia agradece a todas as partes que se sumen á proposta realizada o pasado martes polos gobernos estatal e galego para ampliar o período de consultas do ERE ata o 28 de setembro e, deste xeito, contar con seis semanas máis de prazo para que Alcoa e o grupo Liberty House pechen a operación de compra-venda en San Cibrao.
Hoxe, especialmente, este agradecemento é para a comisión negociadora, que entendeu que o camiño para alcanzar unha solución que evite os despedimentos e permita continuar activas as cubas é manterse dentro da senda do diálogo.
O DOG ven de publicar a convocatoria das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica ás que a Xunta destina 4,5M. Van dirixidas a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro, para fomentar o autoconsumo eléctrico a través de fontes de enerxía renovable.
Poderanse presentar solicitudes do 21 de setembro ao 1 de decembro pero as entidades colaboradoras empresas con actividade de instalación de baixa tensión teñen 15 días para solicitar a súa adhesión a este programa.
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou a boa acollida do Bono Turístico, impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, ao recibir en apenas 15 días solicitudes para máis do 50% das prazas ofertadas, superando a barreira das 10.000. Esta iniciativa supón unha inxección de 5 millóns de euros nas empresas desta industria e permitirá fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e favorecer a recuperación económica e a creación de emprego tras a crise da covid-19.
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou o potencial do turismo náutico á hora de favorecer a diversificación da oferta e contribuír á reactivación do sector turístico, apostando por un modelo sustentable e de calidade que pon en valor a natureza e a paisaxe. Fíxoo tras participar na presentación das novas rutas da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia, centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio.
Segundo puntualizou Román Rodríguez, este tipo de iniciativas permiten impulsar produtos e experiencias diferenciadas que, no caso deste proxecto, teñen ademais unha repercusión directa no territorio, ao beneficiar as pequenas vilas e poboacións nas que fan parada as distintas rutas.
A estratexia do Plan de Internacionalización de Galicia avanzada pola Xunta focalizará os esforzos exportadores galegos a curto e medio prazo en países iberoamericanos como México, Brasil, Colombia, Perú, ademais de mercados de alcance como China, Estados Unidos, Rusia e Marrocos.
La compañía ha aplicado la refacturación por el período de un año, según lo marcado por la Comisión Nacional de Energía (ahora CNMC), de acuerdo con lo previsto en la normativa del sistema eléctrico. Gas Natural Fenosa no ha obtenido ningún beneficio por estas facturaciones, al tratarse de ingresos recaudados para el sistema y no para la compañía.
O Plan de artesanía de Galicia 2014-2016, dotado con 5 millóns de euros, busca impulsar a creación de 100 novas empresas no sector artesán da Comunidade, incrementar un 50% os puntos de venda oficiais da marca Artesanía de Galicia e aumentar un 30% as empresas que se inician en procesos de innovación artesana.
O autor ou autores/as do proxecto de empresa innovadora distinguido na modalidade de empresa de base tecnolóxica, percibirán un premio de 2.000 euros, ademais de ter a posibilidade de acadar ata 24.000 euros de financiamento.
Feijóo avoga por crear un lobby galego-panameño e pídelles aos empresarios galegos no país centroamericano que teñan en conta a competitiva oferta de produtos da comunidade en moitos sectores. Lembra que no último ano as exportacións da nosa autonomía a Panamá medraron nun 13%.
Rubén Gil, gerente de Ditram, ha destacado que tanto el nuevo Mercedes Clase GLA como el Mercedes Clase C son el acompañante perfecto para cualquier desplazamiento gracias a la apuesta de Mercedes-Benz por la seguridad, el confort y la elegancia, así como por la optimización en el consumo de combustible.
C.R.D.O.P. San Simón da Costa, el queso de vaca más antiguo de Galicia y el más premiado en catas y premios nacionales e internacionales de su categoría, celebró una cata maridaje junto a otras de las D.O. gallegas en el Salón de Gourmets, con el sabor más enxebre.
A axenda do presidente da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, inclúe diversos encontros institucionais, económicos e coa colectividade galega buscando oportunidades para Galicia nos dous países.
Os visitantes aproveitaron os mellores prezos ofrecidos por expositores dunha ducia de sectores. O téxtil, sobre todo a roupa infantil e o material deportivo, volveu ser o sector máis demandado.
O obxectivo do proxecto é mellorar o seu volume de negocios aplicando o seu coñecemento á crecente industria de automoción e aeronáutica que se está a desenvolver no norte de Marrocos. O primeiro programa para a implantacións conxunta de empresas galegas no exterior prevé mobilizar 6 millóns de euros no ano 2014.