
En canto á taxa interanual é dicir, a evolución da economía en comparación co segundo trimestre do ano 2019-, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 17,9%. Esta baixada é tamén inferior á rexistrada pola economía española no mesmo período, que segundo a estimación realizada polo INE foi do 22,1%, de xeito que o PIB español no 2º trimestre descendeu 4,2 puntos máis que o galego.
Desde o punto de vista da demanda, no segundo trimestre do ano o gasto en consumo final diminuíu un 18,9% en comparación co mesmo trimestre de 2019, e a formación bruta de capital baixou un 24,7%. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos diminuíron un 19,9% e as importacións de bens e servizos caeron tamén un 23,4%.
Sectores
No que respecta á oferta, todos os sectores rexistraron taxas de variación negativas. O sector primario foi o menos afectado, cun descenso do 2%; pola contra, o sector servizos baixou un 16,5%, cun maior impacto nas actividades máis afectadas polo cese da actividade desde a segunda quincena de marzo, especialmente o comercio, transporte e hostalería
(-38,3%). Mentres, a industria descendeu un 19,7% e o sector da construción un 23,2%.
As Contas económicas trimestrais do IGE mostran que o emprego -medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- diminuíu un 22,5% no 2º trimestre. As ramas de actividade nas que máis baixou foron as relacionadas co comercio, transporte e hostalería (-36,9%) e actividades artísticas, recreativas e outros servizos (-30,7%).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.