Noticias

Descende un 23% o número de persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto

A Delegación do Goberno subliña o descenso dun 23% das persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto. Os sectores con máis recuperación de emprego son os de servizos de aloxamento e transporte. O delegado do Goberno, Javier Losada, explicou que entre o pasado 31 de xullo e esta última fin de semana, un 23% das persoas en suspensión temporal de emprego en Galicia finalizaron esta situación. Trátase dunha recuperación da actividade laboral en todos os sectores, agás na das axencias de viaxe, o único que medrou (1%).

Javier Losada resaltou o descenso no sector de servizos de aloxamento (36%) e transporte (30%), seguidos por servizos de comidas e bebidas (29%), comercio e venda de vehículos de motor (20%), ocio, cultura e actividades deportivas (19%), educación (13%) e comunicación, publicidade e edición (8%).

O descenso dos ERTE en Galicia é superior á medida estatal, situada nesta primeira quincena de agosto nun 19%. A Delegación do Goberno incide no importante papel do ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, e a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, neste ámbito, ademáis do seu especial compromiso con Galicia.

Os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) vinculados á pandemia da COVID-19 son considerados de forza maior. Levan asociada unha prestación económica mentres non se recupere a actividade laboral, un feito que pode realizarse ata o 30 de setembro, data final da prórroga desta medida de protección.

Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crise con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir a falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

As aportacións económicas directas do Goberno teñen un impacto en Galicia de ao redor de 400.000 persoas. Tamén hai partidas directas de inxección de liquidez pública, coma o reparto destes fondos de servizos sociais, os entregados de maneira directa a sanidade ou os dados á autonomía, pendentes de novos repartos das sucesivas partidas, para afrontar os gastos derivados da pandemia.

R., 2020-08-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES