
Como parte da mesma, o principal obxectivo desta convocatoria é a identificación e posterior selección de proxectos de emprendemento innovadores, baseados en coñecemento científico-técnico e que contribúan a cubrir unha necesidade do sector mariño-marítimo.
Da selección dos proxectos encargarase o Comité de Avaliación do programa, formado por persoal designado polos socios de Sherpa do Mar, isto é, as tres universidades galegas, o Consorcio Zona Franca de Vigo, a Axencia Galega de Innovación, a Universidade do Porto, o Centro Interdisciplinar de Investigaçao Marinha e Ambiental, UPTEC e Fórum Océano-Associaçao da Economía do Mar.
Sistema de avaliación e monitorización
Unha vez elixidos arrancará a fase de valoración, na que se porá a disposición dos participantes seleccionados diferentes medidas de apoio ao emprendemento. Por unha banda, terán dereito a un sistema de avaliación e monitorización no que se realizará un diagnóstico personalizado baseado en diferentes indicadores que avaliarán as habilidades e competencias tanto do promotor, como do equipo no seu conxunto e da propia idea de negocio. Unha vez realizada esta avaliación previa, marcarase unha folla de ruta dinámica e personalizada e, para lograr o obxectivo final, contarán con asesoramento especializado en transferencia de tecnoloxía e coñecemento.
Posteriormente, a cada un dos proxectos recomendaráselles os programas de apoio ao emprendemento da Eurorrexión que mellor se adapten ás súas necesidades e, a maiores, as principais universidades e centros de investigación da Eurorrexión ofreceranlles tamén asesoramento científico-técnico aos participantes para reforzar a base de coñecemento sobre a que se asenta a súa idea de negocio. Xa por último, daráselle tamén acceso a un marketplace web e á rede de axentes de Sherpa do Mar, o que impulsará a visibilidade destas ideas de negocio, así como o acceso e contactos e posibles investidores a nivel interrexional.
A USC participa como socio do proxecto a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento. Os outros socios son a UVigo, Campus do Mar, Grupo Rede, Consorcio Zona Franca de Vigo, Axencia Galega de Innovación, UDC, Universidade do Porto, Centro Interdisciplinar de Investigaçao Marinha e Ambiental, UPTEC e Fórum Océano-Associaçao da Economía do mar. Esta convocatoria forma parte do proxecto Sherpa do Mar, integrado no Programa de cooperación transfronteiriza Interreg V-A España Portugal Poctep 2014-2020. Para a súa posta en marcha e desenvolvemento cóntase cun orzamento total de 997.184 euros.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.