Este dato demostra que Galicia consolida un crecemento sostido da súa economía nos últimos cinco anos, cunha mellor evolución que a media de España no período postpandemia. O PIB de Galicia está 12,3 puntos por riba do de 2019, 2,2 puntos máis que o de España no mesmo período. A este avance da economía galega contribuíu en 2,4 puntos a demanda externa. A formación bruta de capital aumentou un 4,2 %, o gasto das administracións pública subiu un 2,3 % e o gasto dos fogares medrou un 2 %. As exportacións mantivéronse estables, consolidando por riba de 30.000 millóns de euros anuais as vendas ao exterior.
"Unha vida é máis ca unha vida", escribiume Bernard en francés na dedicatoria dun dos seus libros: "parce qu'une vie est une vie, et plus encore". Sorrío agora ao relelo porque probablemente non exista mellor definición da súa. Bernard Le Gonidec viviu 94 anos agrandando existencias, a propia e a de todas aquelas pe...
Hortalà estudou na Escola de Artes e Oficios de Olot e na de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona. Os seus inicios como artista estiveron marcados pola produción escultórica. Tras instalarse en Londres realizou diversas series de paisaxes imaxinarias e iniciou un ciclo de traballos baseados na súa experiencia como alpinista entre 1975 e 1982, período no que participou nunha expedición ao Everest. En 2012, mostrou unha importante selección destes traballos no Centro de Arte y Naturaleza, na Fundación Beulas de Huesca e, en 2015, presentou a exposición Les Temptacions no Museu de Montserrat.
En 2024, creáronse en Galicia un total de 192 cooperativas novas. Este dato representa un incremento notable respecto ao ano 2023, no que se rexistraran 138 novas cooperativas. Esta evolución contribúe a consolidar a percepción do cooperativismo como un modelo empresarial resiliente, especialmente eficaz en contextos marcados pola incerteza económica e social. Así o subliña o Informe da Economía Social en Galicia, coordinado por Maite Cancelo e Manuel Botana, que se presentou este mércores 25 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
Alberto, ahora que estás muerto