Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 10 de marzo de 2026
O outeiro do infinito

Mirei para o infinito. Nada, un desastre. Enfronte mesmo erguíase un outeiro que non me deixaba ver máis alá. Un outeiro cheo de toxos; iso si, as súas flores brillaban e semellaban un océano dourado. Querer mirar cara ó infinito e alcanzar tan só uns metros deprime un pouco.
Son Lisardo, o fillo da Castañuelas, e de cando en vez quedo de pasmón mirando, pero sen ver. Pingas de Orballo Si, esa sensación existe: mirar algo fixamente e non decatarse do que é. Logo, ademais, como son algo raro (outros dirán que moi parvo), búscolle tres pés ó gato. Ó que está coxo, claro, porque os gatos, polo xeral, teñen catro. Como os cans, os burros, as vacas, as ovellas e os marráns, que son os animais que máis coñezo. Dos outros tamén coñezo moitos, pero non lles sei os nomes.
Estudei na escola de don Graciliano, e aí quedei. Nos estudos, quero dicir. Os primarios, e menos mal. Sei ler medianamente ben e escribir catro palabras, como quen deixa pinguiñas de orballo. Para min, suficiente. O meu é mirar, aínda que non vexa. Quizais a miña opinión sexa algo esaxerada, porque cando quero, vexo de máis. Pero iso xa é outra historia.
Como non teño estudos, andei, ando e andarei sempre detrás das vacas. A ver, miña nai, a pobre, xa non está para feiras nin mercados. O pai... o pai hai moito que nos deixou. Non, non; que eu saiba, non morreu. Marchou, e punto. Para onde? Alá el. Oxalá fose para o inferno. Pero iso tamén sería outra historia.
Agora... agora miro para o infinito e o maldito outeiro non me deixa ver máis alá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES