//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
O traballo conxunto da Xunta e das tres universidades galegas para analizar o impacto das tecnoloxías intelixentes na cidadanía e no tecido empresarial, así como para identificar os marcos éticos e normativos axeitados para garantir os dereitos das persoas, consolidan a Galicia nunha posición de vangarda na aplicación da intelixencia artificial. Representantes de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia reuníronse en Santiago cos responsables de sete grupos de investigación das universidades galegas para avanzar na elaboración do 'Estudo do marco ético-normativo e o potencial impacto do uso das tecnoloxías intelixentes'.
O Nodo Galego de Ciberseguridade pon en marcha o ciclo de actividades de formación, concienciación e orientación para o tecido empresarial galego. En total, están previstas unha vintena de actividades que se desenvolverán ao longo deste primeiro semestre do ano, cunha periodicidade aproximada dunha á semana. O ciclo comeza o vindeiro mércores 27 de abril cunha sesión formativa organizada grazas á participación de Altia e a colaboración da Fegamp. Esta actividade componse dunha sesión inicial cun enfoque informativo onde se exporá a actualidade respecto da normativa de protección de datos, e terá continuidade nunha segunda sesión de carácter práctico e dinámico, programada para o 3 de maio.
As competencias dixitais da cidadanía galega seguen a mellorar segundo os datos que ven de publicar o Instituto Nacional de Estatística. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, que chegou ao 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar nas Comunidades Autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. Unicamente o 1,4% da poboación Galega non tiña habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, e ocupando o segundo lugar no Estado. O INE ven de publicar as estatísticas de habilidades dixitais a partir da enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares da edición 2021.
O polo desenvolverá unha etapa de aceleración intensiva con consultarías individuais, grupais e accións de mentorización en eidos tanto tecnolóxicos como de márketing, dereitos ou financiamento, entre outros. Tamén está prevista a organización de diferentes xornadas de innovación, dun evento final de presentación de proxectos e dun programa para a xestión da mobilidade internacional, así como unha consultaría de seguimento. Poderán optar a ser entidades colaboradoras entidades asociativas con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro, que conten con experiencia no ámbito dos videoxogos e, en concreto, na organización de actividades de difusión deste sector en Galicia.
Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D no Polo Aeroespacial de Galicia. Aos 40M de fondos propios xa comprometidos, súmanse os 12,34M obtidos do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade do Ministerio de Ciencia e Innovación -ligado ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea- para o desenvolvemento dun programa destinado á monitorización e observación da biodiversidade no que se utilizarán sistemas aéreos e mariños non tripulados para a captura de datos.
BioGalicia Summit é un encontro de carácter internacional centrado no sector da biotecnoloxía e organizado pola incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech, liderada pola USC en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova e co apoio da Xunta de Galicia e a Fundación Incyde. Dentro deste ámbito, Galicia participa no Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á Saúde impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, xunto a outras catro comunidades autónomas, para desenvolver ferramentas de diagnóstico, pronóstico e terapias de medicina personalizada.
A nova RIS3 terá como cometido o fortalecemento do ecosistema galego de I+D+i, buscando a transferencia do coñecemento ao mercado, captando e retendo máis talento, e posicionando a Galicia como un referente a nivel estatal e europeo. Así, a nova RIS3 está concebida como unha estratexia transversal e multicompetencial para fortalecer e completar as cadeas de valor dos sectores estratéxicos galegos e impulsar a súa circularidade. O investimento en I+D na Comunidade medrou un 34,4%, máis de 10 puntos por riba da media nacional (23%), conseguindo o nivel máis alto (641,7 millóns de euros). Ademais, a innovación galega medrou case o dobre do ritmo da media española desde 2014.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director Xeral do Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron un acordo para a cesión dun espazo na Cidade das TIC para a creación dun Centro de Excelencia en Investigación e Desenvolvemento de referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial e as TIC orientadas ao desenvolvemento dos Sistemas Aéreos Non Tripulados (drons), denominado Galaxy-lab. 'Con este acordo de cesión complétase un longo período de colaboración entre ITG e a UDC', explicou o reitor, engadindo que o convenio asinado hoxe reforzará ás dúas institucións e remarcou a importancia deste día no avance do proxecto da Cidade das TIC. Para o director de ITG, o acordo de hoxe abre un novo período na relación entre a ITG e a UDC e confirma o total apoio de ITG á Cidade das TIC.
A biblioteca da antiga Fábrica de Armas da Coruña acolleu o acto de firma do Convenio para a elaboración do Plan Director e Constitución da Estrutura de Cogobernanza da Cidade das TIC que asinaron a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey García; o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, en calidade de presidente do Igape; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e o reitor da UDC, Julio Abalde.
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde participa no proxecto TARTAGLIA de creación dunha rede federada de intelixencia artificial para acelerar a investigación sanitaria. O proxecto enmárcase en dentro do Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. O obxectivo principal de TARTAGLIA, que conta cun orzamento total de máis de 7,5 millóns de euros, é facilitar e fomentar a investigación clínica e sanitaria.
A sociedade xestora da Cidade das TIC quedou constituída tras a sinatura do documento de constitución por parte do reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Este acto formaliza a posta en marcha da entidade encargada de xestionar este proxecto tras a aprobación en novembro por parte das institucións dos novos estatutos que rexerán o funcionamento da sociedade.
A rápida evolución da IA representa un reto inminente para a sociedade e os gobernos, pero tamén para o mundo científico. Esta tecnoloxía pode revolucionar moitos eidos do coñecemento, pero avaliar as súas potencialidades e eivas é imprescindible para poder sacarlle partido. Con este obxectivo, o campus de Vigo reuniu a máis de 60 investigadores e investigadoras de diferentes eidos.
As praias agochan moito máis que area entre as súas ondas. Co obxectivo de comprender mellor os procesos costeiros e os efectos do cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) impulsa Iberarenum, un innovador proxecto de ciencia cidadá que invita a persoas de todas as idades a participar na creación do primeiro banco nacional de area de praia da península ibérica.
Samsung España anunciou nun acto celebrado en Madrid o lanzamento de The Mind Guardian1, unha innovadora aplicación gamificada baseada en intelixencia artificial, que presenta unha proba de autoavaliación de memoria para o cribado a gran escala de signos de deterioración cognitiva, un síntoma común nas fases temperás de enfermidades como o Alzheimer. Detrás deste avance atópase un equipo de investigadores do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic
Arrancaron hai apenas uns meses e por diante teñen tres anos para conseguir aplicar modelos avanzados de evolución molecular á predición da evolución de distintas proteínas de virus que son diana de terapias antiretrovirais e que, polo tanto, poderían usarse para o deseño de novas vacinas e tratamentos. Falamos do grupo de investigación Evolución Molecular Computacional do CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo.
Case o 68% da poboación mundial é usuaria da internet. Todo o tráfico anual da rede supón 100 Zettabytes. As emisións de C02 de Netflix nun día equivalen a un coche dando 3.248 voltas ao mundo. Publicar un reel de 15 segundos en Instagram consome a mesma enerxía que postear 8 fotos. Son algúns dos datos que a experta Coral Calero, catedrática da Universidade de Castela - A Mancha, mostrou no CITIC da UDC.
A Universidade de Vigo e Ediciones Profesionales de la Información SL organizan os días 12, 13 e 14 de marzo a primeira edición do Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia (CoDi). A actividade desenvolverase no campus de Ourense e terá como obxectivo fomentar o intercambio de coñecementos científicos entre expertos e expertas e promover a divulgación científica entre a comunidade académica e o público en xeral.
A Xunta de Galicia e as universidades públicas galegas poñen en marcha cigus.gal, unha nova web orientada a potenciar a visibilidade internacional dos centros de investigación que integran a Rede CIGUS. Esta plataforma, accesible en galego, castelán e inglés, ofrece un percorrido detallado polo traballo dos dez centros pertencentes ás universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
O CITIC suma aliados no desenvolvemento de proxectos que busquen a aplicación da intelixencia artificial e a computación cuántica a diferentes áreas da vida cotiá. En concreto, o centro de investigación da UDC estableceu sinerxías co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para colaborar no proxecto Algoritmos de Aprendizaxe Automática de Nova Xeración para a Análise de Rexistros Médicos do Soño (NEXT-GEN-SOMNUS).
A contratación pública representa arredor dun 20% do Produto Interior Bruto de España, unha porcentaxe superior incluso ao considerado motor económico do país: o turismo. Conscientes deste contexto, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolleu este martes unha xornada na que se analizaron os desafíos estratéxicos aos que se enfronta este relevante sector na denominada era da 4ª Revolución Industrial e na que se reuniron tres dos máximos especialistas de España en materia de Intelixencia Artificial e contratación pública.