
Estas estrelas densas e extremadamente quentes son laboratorios naturais que permiten explorar procesos físicos extremos, achegando valiosa información sobre a estrutura e evolución do universo.
Entre os participantes atópanse investigadores de prestixiosas institucións como a Universitat Politècnica de Catalunya, a Universidade da Coruña, a Universidade de Granada, a Universidade de Vigo, o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón (CEFCA), o ICE-CSIC, e a Universidade Nacional da Prata, entre outras.
A Iberian White Dwarf Workshop (IWD) é un encontro profesional de astrofísicos e astrofísicas nacionais e do estranxeiro que investigan as últimas etapas da evolución das estrelas. A primeira destas reunións tivo lugar en 2023 en Barcelona, na Real Academia das Artes e as Ciencias e o Institut de Ciències do Cosmos da Universitat de Barcelona (ICCUB). A segunda edición celebrouse o ano pasado en Madrid, no Centro de Astrobiología (CAB-INTA).
Este ano, o congreso celebrouse no CITIC, un lugar idóneo para abordar as temáticas do evento, xa que técnicas como a intelixencia artificial (IA) e o Big Data son cada vez máis relevantes na investigación astrofísica. Por esta razón, a edición de 2025 contou, por primeira vez, cunha sesión destinada especificamente á aplicación da IA ao estudo das ananas brancas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.