Notas de prensa

A exposición 'Mo(ve)mentos' trae ao campus imaxes das residencias artísticas en A Casa Vella

A exposición Mo(ve)mentos, situada na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense, amosa unha selección dos centos de fotografías realizadas durante varios anos por Rubén Vilanova nas que se documenta o paso dos e das artistas residentes. Están desde Guilherme Morais (Brasil) e Alejandra Balboa (Galicia) ata Neønymus (Castilla y León) a Tania Garrido (Madrid). O proxecto de A Casa Vella está ubicado en Amiadoso (Allariz).

Desde este luns pode verse no campus de Ourense a exposición Mo(ve)mentos, composta por imaxes das residencias artísticas desenvolvidas en A Casa Vella. Esta mostra, indican desde a súa organización, “é unha selección de instantáneas de gran formato que amosan momentos de especial conexión entre o corpo en movemento e a paisaxe circundante de A Casa Vella”.

O proxecto de A Casa Vella, ubicado na aldea de Amiadoso, en Allariz e en plena reserva da biosfera, concíbese como unha casa de creación artística capitaneada polo artista visual Rubén Vilanova e a bailarina e coreógrafa Nuria Sotelo. A iniciativa está financiada con cargo aos fondos da UE e o Plan de Recuperación e Resiliencia e apoiada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Abriu as súas portas no 2021 co obxectivo de ser un espazo de referencia a nivel de creación artística, innovación social e pensamento en diálogo co territorio, “dando un pulo ao tecido cultural e ao contexto rural cara novos paradigmas que nos achegan a modelos europeos vangardistas e sostibles que asocian cultura, natureza, benestar social, desenvolvemento rural e excelencia profesional”.

Imaxes-revelación

No marco desta liña de traballo, a exposición Mo(ve)mentos, situada na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense, amosa unha selección dos centos de fotografías realizadas durante varios anos por Rubén Vilanova nas que se documenta o paso dos e das artistas residentes. Están desde Guilherme Morais (Brasil) e Alejandra Balboa (Galicia) ata Neønymus (Castilla y León) a Tania Garrido (Madrid).

Neste “valioso arquivo de indubidable valor estético” do que se amosa unha pequena parte agora no campus hai “imaxes-revelación que capturan relacións poéticas entre o corpo, a natureza e o patrimonio, as cales propoñen novas lecturas do noso territorio e abren novas sensibilidades”. Na exposición, indican desde A Casa Vella, poden verse “pequenas revelacións nas que se confirma a intuición: que o movemento pon en común os corpos, os ecosistemas e a arquitectura e que somos parte da mesma paisaxe”.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES