Notas de prensa

A UDC acolle un Workshop Internacional sobre Computación Aplicada ao Experimento LHCb do Centro Europeo de Investigación Nuclear

A Universidade da Coruña (UDC) organiza, do 27 ao 31 de xaneiro, un workshop internacional centrado na computación aplicada ao experimento LHCb (Large Hadron Collider beauty) do Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), con sede en Xenebra (Suíza). Este evento reunirá a preto de cincuenta científicos de diversas nacionalidades.

Durante o workshop, os participantes abordarán temas de gran relevancia como a computación de altas prestacións con GPU (Unidade de Procesamento de Gráficos), a simulación de procesos físicos e o uso de intelixencia artificial no tratamento de datos. Estas áreas son fundamentais para o éxito do experimento LHCb, que require unha enorme capacidade de computación para analizar os datos obtidos nas investigacións sobre partículas subatómicas.

A organización do evento está a cargo de Veronika Chobanova, investigadora contratada nos programas Ramón y Cajal e InTalent; Diego Martínez Santos, investigador distinguido do programa Oportunius da Xunta de Galicia e o investigados Ramón Cajal Carlos Vázquez Sierra, todos membros da Facultade de Ciencias da UDC.

Ao longo dos cinco días do evento, terán lugar conferencias impartidas por persoal destacado da UDC, como Susana Ladra e Verónica Bolón, ambas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e do CITIC, que compartirán a súa experiencia e coñecementos sobre as últimas tendencias en computación aplicada.

Outra das citas destacadas do workshop será a intervención de Vincenzo Vagnoni, director do experimento LHCb, quen ofrecerá o seminario titulado “From macro to micro: a brief journey through modern particle physics” (, o cal terá lugar o día 31 de xaneiro ás 12:30 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias. Este seminario estará aberto para todos os públicos, brindando a oportunidade de achegarse ao mundo da física de partículas.

A UDC reafirma así o seu compromiso co avance da ciencia e a investigación, promovendo eventos que favorecen a colaboración internacional e o intercambio de coñecementos entre persoal experto de todo o mundo.

Universidade da Coruña (UDC), 2025-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES