
Na categorÃa de Ciencias Básicas a galardoada foi Beatriz Pelaz, que traballa no desenvolvemento de nanomateriais para lograr fármacos máis eficientes; en Ciencias Técnicas distinguiuse a Belén Riveiro, polo seu labor na avaliación de estruturas de enxeñarÃa civil para previr colapsos en pontes, estradas e vÃas férreas; e en Ciencias Sociais o recoñecemento correspondeu a Cristina Gómez, dedicada a estudar o comportamento das persoas en contextos de crises sociais e polÃticas. Cunha dotación de 5000 euros para cada un dos tres premios, concedéronse ademais varios accésits.
No evento participaron o reitor da UIE, Miguel Ãngel Escotet; e o presidente da RAGC, Juan Lema, xunto a outros membros dos dous organismos. Asistiron ademais o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora xeral de Formación Profesional, MarÃa Eugenia Pérez; a directora xeral de Promoción da Igualdade, MarÃa Quintiana; o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez; o director da ACSUG, Eduardo López; e representantes doutras entidades polÃticas, culturais e académicas galegas.
O presidente da Academia manifestou o seu optimismo en canto á evolución da investigación en Galicia, xunto á forza da ciencia en feminino
Na súa intervención, Juan Lema declarou que “con estes premios tratamos de visualizar e impulsar a carreira das investigadoras e investigadores con maior proxección e que liderarán a investigación nos vindeiros anos en Galicia”. Nesta liña, salientou que “os currÃculos das máis das 60 candidaturas presentadas son realmente brillantes e permiten ser moi optimistas en canto á evolución da investigación na nosa comunidade. Ademais, o resultado desta primeira convocatoria é unha proba evidente da forza da ciencia en feminino”.
Pola súa parte, Miguel Ãngel Escotet declarou que “estes premios constrúense coa intención de recoñecer e fomentar o traballo das persoas investigadoras máis novas, promovendo o coñecemento cientÃfico”. Dirixiuse asà ás premiadas: “Queremos darvos ás para a viaxe da vida e estimular a vosa postura de acción transformadora, que é inherente á propia investigación e implica un fondo talante de actitude de cambio e de mellora. No voso traballo hai unha boa dose de ética, de xenerosidade, de achega ao ben de todos, de ilusión, de resiliencia e de cooperación. Douvos por todo iso os meus máis sinceros parabéns e desexo que non cedades no voso empeño de continuar investigando e soñando”. En relación á necesidade de visibilizar as mulleres investigadoras, fixo énfase no feito de que nesta edición concorreron 63 candidaturas, das cales 24 foron investigadores e 39 investigadoras, e o xurado resolveu recoñecer o traballo de sete mulleres. “Parece que algo comeza a xirar nesta segunda década do século XXI”-remarcou-.
Beatriz Pelaz procura nanomedicinas máis eficientes
No campo das Ciencias Básicas recoñeceuse a Beatriz Pelaz (Valladolid, 1982), profesora da Universidade de Santiago e investigadora do Centro Singular de Investigación en QuÃmica Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). O seu traballo céntrase no desenvolvemento de nanomateriais funcionais para a súa aplicación en modelos biolóxicos, co obxectivo de crear unha nova xeración de nanomedicinas máis eficientes. “Este premio supón o recoñecemento a unha traxectoria investigadora, asà como ao traballo que realizamos no grupo Bionanotools do CiQUS. Serve ademais para dar visibilidade á importancia da investigación e pon en valor a ciencia realizada polos mozos cientÃficos, aquÃ, en Galicia” -salientou-.
Pola súa parte, Susana Ladra (Santiago, 1984), profesora da facultade de informática da Universidade da Coruña e membro do grupo de investigación “Laboratorio de Bases de Datos”, recibiu un accésit. Enfoca o seu traballo ao deseño de algoritmos e estruturas de datos aplicados á recuperación de información e en aplicacións multidisciplinares no campo da bioinformática. “É unha honra recibir este premio en nome de todos os mozos que traballamos pola ciencia en Galicia. É un incentivo para seguir investigando para resolver problemas relevantes, multidisciplinares e complexos” -declarou a investigadora-.
Outro dos accésit nesta área foi para Iria Gómez (Santiago, 1982), directora do grupo de investigación “Xenomas e Inmunidade” no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC -CiMUS-. Entre os seus traballos, destacan os relacionados coa diabetes tipo 1, en particular un proxecto financiado cun millón de dólares pola Fundación americana para o estudo da diabetes xuvenil. “Como investigadora galega que tivo a posibilidade de retornar a Galicia e establecer o meu grupo en Santiago, este premio axudarame a reforzar o meu perfil e o do meu grupo en convocatorias de proxectos, asà como a aumentar a nosa rede de contactos” -remarcou-.
Belén Riveiro usa a IA para evitar o colapso das estruturas de enxeñarÃa civil
En Ciencias Técnicas distinguiuse a Belén Riveiro (Cotobade, 1983), profesora na Escola de EnxeñarÃa Industrial da UVigo e investigadora do CINTECX -Centro de Investigación en TecnoloxÃas, EnerxÃa e Procesos Industriais-. Lidera novidosas liñas de investigación que combinan a enxeñarÃa estrutural, a teledetección e a intelixencia artificial para a avaliación de estruturas de enxeñarÃa civil como pontes, estradas e vÃas férreas. As súas tecnoloxÃas permiten diagnosticar a saúde destas estruturas e poder asà anticipar a aparición de posibles colapsos. “É moi importante que se visibilice o talento e a excelencia dos investigadores durante a etapa na que, quizais, se realizan os maiores esforzos por chegar a consolidar unha carreira. Como muller que trata de compatibilizar a investigación coa maternidade, recibo este premio como un impulso para seguir apostando pola ciencia” -manifestou-.
Concedeuse un accésit á enxeñeira Sara González (Mondoñedo, 1982), profesora de EnxeñarÃa QuÃmica na USC e investigadora do Centro de Investigación Interdisciplinar en TecnoloxÃas Ambientais -CRETUS-. As súas liñas de investigación inclúen a economÃa circular, o estudo das pegadas ambientais e a análise da sustentabilidade; empregando a metodoloxÃa da análise do ciclo de vida (ACV) en sistemas industriais, agroalimentarios, urbanos e forestais; o que lle ten permitido expoñer estratexias de circularidade e deseñar biorrefinerÃas nestes sectores. “Este recoñecemento é un impulso para seguir traballando por unha ciencia de excelencia e para o desenvolvemento sustentable, xa que esta é a base para fortalecer a sociedade do futuro. Ademais, recoñécese a área de Ciencias Técnicas, con escaseza de referentes femininos” -destacou-.
Cristina Gómez avalÃa o comportamento das persoas en contextos de crise
En Ciencias Sociais premiouse a Cristina Gómez (Vilalba, 1985), profesora de PsicoloxÃa da USC. Desenvolve o seu labor no campo da psicoloxÃa polÃtica, a acción colectiva e o comportamento das persoas en contextos de crises sociais e polÃticas. Investiga ademais sobre problemas ambientais no CRETUS. “Este logro non é só meu; é o reflexo do apoio de moitas persoas e das oportunidades que recibÃn ao longo do camiño. Supón un impulso para seguir contribuÃndo ao coñecemento e á investigación en Galicia” -declarou-.
O accésit foi para Ariadna Monje (A Coruña, 1990), profesora da Universidade da Coruña. Lidera diferentes grupos de traballo relacionados co emprendemento -en colaboración cos proxectos GEM en España- e co turismo, realizando tanto investigacións cientÃficas como asesorÃa para distintas administracións. “Este premio é un estÃmulo para avanzar en áreas clave como a organización de empresas e o ecosistema emprendedor, ao tempo que reforza a relevancia da transferencia do coñecemento cientÃfico cara á sociedade e o tecido empresarial, fomentando o progreso e a innovación” -salientou-.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.