
Ás 18,00, a xuntanza prosigue no cemiterio de Outeiro de Rei, diante da tumba do poeta, onde se lerán anacos da súa obra , en prego na súa memoria e homenaxe anual ao primeiro dos nosos grandes poetas chairegos.
É costume que todos os asistentes leven unha rosa para ofrendala na súa tumba, ou calquera outra flor do pais.
E despois do recital, xa na Campa de Santa Sabela, procederase á anual entrega das Navallas do Manuel a Luis, O Caruncho, gaiteiro e regueifeiro e, in memorian, a Antón Valcárce, escritor e músico, grande amigo do Manuel, recentemente falecido, que nunca faltaba a estas xuntanzas.
Todos os actos son de acceso libre. Unicamente os que queiran asistir ao xantar, deben contactar con Alfonso Blanco, tfno. 646413890.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.