//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Xunta de Galicia, ante a situación de incendios forestais que afecta diversas zonas do territorio, quere trasladar á poboación unha serie de recomendacións sanitarias para minimizar os riscos asociados á inhalación do fume ou á cinza. O fume xerado nos incendios contén unha mestura de gases e partículas microscópicas (PM2,5 e PM10) que poden causar irritacións nos ollos, nariz, gorxa e pulmóns, ademais de provocar dor de cabeza, dor torácica ou dificultade respiratoria. Aínda que as recomendacións son válidas para toda a poboación, cómpre prestar especial atención aos grupos máis vulnerables como son os nenos e as nenas, as mulleres embarazadas e as persoas con enfermidades pulmonares, como asma ou EPOC, e enfermidades cardíacas.
No marco das "Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", o Goberno galego informa que pasan a nivel 3 (vermello) dúas zonas da nosa comunidade. Deste xeito, os niveis de alerta para hoxe das diferentes zonas son: Nivel 3 (vermello): Montaña de Lugo e Valdeorras. Nivel 2 (laranxa): Sur de Lugo, Miño, Noroeste, Montaña e Sur de Ourense e Interior de Pontevedra. Nivel 1 (amarelo): Centro de Lugo.A Consellería de Sanidade sinala que os principais grupos de risco ante os efectos da calor son: persoas maiores de 65 anos e nenos menores de catro anos, sobre todo os menores dun ano; persoas que padecen patoloxías: enfermidades cardiovasculares, diabetes mellitus, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, insuficiencia renal, párkinson, Alzheimer ou patoloxías similares, e enfermidade psiquiátrica.
Historias LGBTI da Galicia Orgullosa é un proxecto cunha visión a longo prazo para facer crecer a rede de relatos e lembranzas que axuden a construír un relato máis diverso e real da historia galega. Neste sentido, estase traballando nun espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para que calquera persoa poida contribuír a tecer o relato. A exposición, que xa estivo durante o mes de xullo no edificio da Pirámide de San Caetano, recolle imaxes históricas de casos coñecidos, como o de Elisa e Marcela, e doutras experiencias vitais con menos eco como a de Maruja Roca, Manolito Soler ou Dalia Flores.
Os Concertos do Xacobeo pisan forte este mes de agosto, con máis de 40 novas propostas musicais para os públicos e os gustos máis diversos. A través do programa Concertos do Xacobeo, a Xunta de Galicia dálle cobertura á celebración das citas musicais máis relevantes e singulares da comunidade. Entre os festivais, ciclos e concertos patrocinados ao longo do mes de agosto, destacan eventos imprescindibles como o Festival de la Luz, Costa Feira, Nachiños Fest, MeirásLand, Orballo Cultural, Río Verbena ou Galicia Fest, ademais de citas populares como as Festas de María Pita, na cidade da Coruña, que se estenderán ata o 31 de agosto con directos tan esperados como os de Baiuca ou Zahara, ou os grandes concertos das Festas de Ferrol, que se celebrarán do 22 ao 31 de agosto, da man de Omar Montes, Vicco, Lérica e Chema Rivas, por citar tan só algúns dos fitos máis relevantes do calendario.
O festival de circo, clown e creatividade escénica Festaclown regresa cunha nova edición a Vilagarcía de Arousa, onde ofrecerá, entre o 18 e o 23 de agosto, unha programación ao aire libre para celebrar o circo contemporáneo e servir de encontro entre diferentes xeracións e culturas a través de espectáculos que combinan o humor e as acrobacias co compoñente solidario. O festival arrancará o luns 18 na praza de Galicia e diferentes rúas, polas que o artista catalán Nacho Flores levará unha peza de circo contemporáneo, moi poética e visual, con música en vivo e inspirada nun imaxinario mitolóxico, na que o protagonista cabalgará facendo equilibrios entre minotauros e cabalos de Troia.
A Xunta lembra as recomendacións á poboación para facer fronte á calor ante as temperaturas elevadas que se agardan entre hoxe e o xoves en diversas zonas de Galicia. Durante esta semana as altas presións están estacionarias ao norte da península ibérica con circulación do nordés. Con esta posición, o anticiclón achega unha masa de aire cálida procedente do sur da península ibérica e do norte de África que ocasiona un lixeiro aumento das temperaturas no sur de Galicia. Este aumento das temperaturas polo sur da comunidade deixará máximas durante o día de 30º e 35ºC entre o martes 29 e o xoves 31 na zona das Rías Baixas e no Miño de Pontevedra. Son temperaturas elevadas pero como se agardan mínimas entre 17º e 19ºC non se espera que sexan suficientes para xerar unha alerta por episodio de calor.
Nos catro días do SonRías Baixas pasarán por Bueu unha trintena de bandas e artistas de referencia no panorama musical estatal e galego, que abranguen estilos moi diversos e reflicten a heteroxeneidade da escena actual, con moitos dos grupos presentando os seus novos traballos desde os dous escenarios instalados nun recinto que contará coa súa propia área gastronómica e unha zona de acampada anexa. Así, no escenario principal FEST Galicia actuarán os cabezas de cartel desta nova edición do SonRías Baixas, onde o público poderá gozar dos concertos dos valencianos La Raíz, os galegos Baiuca e Sen Senra, a gaditana Judeline, as bandas madrileñas Cariño, Delaporte, Marlena, Nena Daconte e Carolina Durante, o catalán Alizzz, e NDLR (Ninhodelosrecaos).
O tránsito de xullo a agosto en Atardecer no Gaiás chega con Mocho Gris e La Toñi, dúas propostas pop diferentes para o ciclo de concertos ao aire libre na Cidade da Cultura. O xoves 31 de xullo o dúo galego-portugués formado por Lucas de Centi (líder das bandas galegas Néboa e Mel) e João Neves (artista luso colaborador de Baiuca) actuará no escenario da Praza central cunha proposta que reúne elementos do indie, da electrónica e do jazz para darlle unha volta á música pop de ambos lados do Miño. Mocho Gris presentará o seu disco debut, titulado 2, un álbum que atravesa os códigos do pop alternativo e da canción tradicional galega e portuguesa.
A Xunta de Galicia adaptará o mapa escolar á evolución demográfica para o vindeiro curso escolar, o que implica que deixarán de funcionar sete unitarias por falta de alumnos, mentres que tres permanecerán abertas a pesares de teren unicamente cinco matriculados. Pola contra, para atender á crecente demanda de matrícula, construiranse tres novos centros e realizaranse obras de ampliación noutros 18 en concellos de toda Galicia. Así pois, debido á matrícula insuficiente e sen previsión de incremento, este próximo curso non prestarán servizo educativo as escolas de Educación Infantil da Lagoa (Arteixo, 4 nenos), de Muros (3 nenos), Queiruga (Porto do Son, 1 neno) e Romariz (Soutomaior, 3 nenos) e os colexios de Seráns (Porto do Son, 3 nenos), de Castromil (Vimianzo, 3 nenos) e de Negueira de Muñiz (4 nenos).
O pregón da romaxe terá lugar no exterior da Casa da Cultura do Vicedo ás 20.30 horas do venres, e correrá a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. A actividade continuará nas rúas da localidade con música, combates e exhibicións a cargo das asociacións de recreación histórica Cabaleiros Rías Altas, Hípica Celta, Gandalf e Caballeros Bergidum Templi. O escenario do sábado será a praia de Area Grande de San Román, que acolle os campamentos viquingo e cristián e as numerosas actividades que se sucederán ao longo da xornada, como obradoiros, pintacaras, xogos tradicionais, clase de runas, talleres de coiro, contacontos ou un concurso para premiar as mellores caracterizacións.
A Universidade da Coruña foi sede hoxe da reunión constitutiva do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina, proposto na sesión do 10 de xuño do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia. Neste primeiro encontro, marcado pola propia creación do grupo, aprobouse a normativa de réxime interno e o calendario de traballo que marcará as liñas de acción de cara aos vindeiros meses.
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolleu esta mañá a entrega dos galardóns da VII Edición dos Premios Isabel Zendal, o concurso que ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, unha ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude.
Como organizar a aula, como deseñar as actividades a desenvolver nela e, sobre todo, facelo dende unha perspectiva interdisciplinaria e cun obxectivo claro: fomentar o pensamento crítico. A todas estas preguntas buscan responder as sesións que, ao abeiro do proxecto Competencias Meta-científicas na Era da Des-información (SciLMi), se desenvolven ao longo desta semana na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
En moitas rexións do mundo coexisten distintas linguas e moitas veces unha delas evoluciona aumentando o seu uso a costa doutra ou doutras. Co obxectivo de contribuír a ter ferramentas científicas para abordar un tema desta complexidade, os investigadores das universidade de Vigo e La Rioja Iván Area e Marc Jornet veñen de desenvolver un modelo matemático que permite predicir a evolución de cada un dos idiomas nun sistema multilingüístico complexo.
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a presidenta da Fundación Española de Historia Moderna, Cristina Borreguero; a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos; e o catedrático de Historia Moderna da Universidade da Coruña, Manuel-Reyes García, inauguraron no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, a XVII Reunión Científica da Fundación Española de Historia Moderna (FEHM).
Coordinado pola UVigo e financiado polo programa comunitario Jean Monnet, o proxecto RightsEU buscar achegar ao profesorado de FP unha formación específica sobre a Unión Europea, que poña o foco nos dereitos sociais e laborais da cidadanía, coa idea que as e os docentes poidan posteriormente implantar os principios e dereitos sociais e europeos nos seus programas.
Desde o luns ata o venres 6, máis de 900 profesionais da Ciencia Ecolóxica procedentes de máis de 100 institucións de 20 países diferentes participan en Pontevedra no III Congreso da Sociedade Ibérica de Ecoloxía (SIBECOL) e o XVII Congreso Nacional da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET). Este ano, desenvólvense coa colaboración das Universidades de Santiago e de Vigo, o CSIC, a Misión Biolóxica de Galicia, o Concello e a Deputación de Pontevedra.
Como se protexen os dereitos fundamentais cando a Intelixencia Artificial toma decisións sobre unha persoa? Que responsabilidade existe si unha máquina actúa de forma autónoma? Que valor ten o consentimento cando é extraído mediante a análise emocional dun usuario? Medio cento de xuristas de catro países debaten no IV Foro Xurídico Ibero Brasileiro estes desafíos.
A Universidade da Coruña lanza UDC Conecta, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances científicos se transformen en solucións. Coa posta en marcha de UDC Conecta, establécese unha alianza permanente coa empresa, que terá a través desta plataforma única, un sistema de acompañamento integral e dinámico.
Desde xuño de 2023, 15 socios de oito países, entre eles a Universidade de Vigo, levan a cabo con financiamento europeo o proxecto Saril. O seu obxectivo é mellorar a sostibilidade e a resiliencia das redes de infraestruturas e loxística da UE, desenvolvendo metodoloxías e ferramentas de xestión fronte a eventos disruptivos, como poden ser incendios ou ciberataques. Esta semana, os seus membros reúnense no campus de Ourense para facer balance do traballo feito e planificar o último ano de proxecto.