Notas de prensa

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra finaliza a vendima de 2024

A vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra concluíu cunha colleita que produciu unhas uvas de excelente calidade. En verbas do presidente do Consello regulador da D.O., Antonio Lombardía Crespo: 'Coido que os viños de esta anada vámolos a poder desfrutar durante moitos anos, a calidade coa que entraron as uvas nas adegas foi inmellorable'. A día de hoxe recolléronse 4.881.326 quilos de uva, o que reflicte o esforzo de viticultores e adegas por preservar a viticultura heroica e a calidade da produción.

Este ano, as choivas fixeron acto de presenza sómente nos derradeiros momentos da vendima o que ralentizóu nalgúns casos o seu remate. Porén, o esforzo dos viticultores e adegas permitiu finalizar a recollida con calidades óptimas, e asegurando o seu potencial para a elaboración de viños de excelente calidade.

Ao longo da vendima colleitáronse distintas variedades autóctonas, entre as que destacan:

Variedades tintas
• Mencía: 3.662.322 kilos
• Garnacha: 109.387 kilos
• Sousón: 56.286 kilos
• Merenzao: 48.778 kilos
• Brancellao: 48.585 kilos
• Caíño tinto: 41.299 kilos
• Tempranillo: 26.152 kilos
• Mouratón: 6.193 kilos
• Grao Negro: 1.565 Kilos

Variedades brancas
• Godello: 719.757 kilos
• Albariño: 82. 369 kilos
• Treixadura: 53.756 kilos
• Dona Branca: 7.371 kilos
• Loureira: 7.308 kilos
• Blanco Legítimo: 9.062 kilos
• Torrontés: 1.136 kilos

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra segue consolidándose como unha referencia dentro do panorama vitivinícola, destacando non só pola singularidade das súas viñas e dos seus viños, senón tamén polo compromiso das súas adegas e viticultores coa calidade e autenticidade dos produtos que se elaboran baixo esta Denominación.

Segundo verbas do presidente da DO Ribeira Sacra, “cremos que vai a ser unha anada
excepcional por a calidade da uva que entro nas adegas, motivado principalmente porque os meses de agosto e setembro polo xeral non tiveron períodos longos de altas temperaturas, refrescando significativamente pola noite, o que provocou una maduración lenta que permite uvas con un grado e unha acidez moi equilibrada. Creo que o noso forte é a singularidade da nosa viticultura das nosas variedades e dos nosos viños. O mercado demanda viños tintos frescos e afroitados e na Ribeira Sacra eses viños os temos de maneira natural”

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, 2024-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES