Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A campaña de vacinación da Xunta leva até o de agora inmunizados a 378.000 galegos fronte á gripe. O Sergas anima ao conxunto da poboación galega a vacinarse e, en especial, aos profesionais sanitarios e ás mulleres embarazadas, onde se rexistra unha taxa máis baixa de inmunización. As pautas do hemisferio sur e os seus patróns indican que este ano a gripe vén con máis forza, polo que se aconsella inmunizarse, sabendo que a vacinación é a ferramenta máis eficaz para previr a enfermidade. A cobertura de vacinación de gripe en persoas de 80 e máis anos rolda en Galicia o 76% (75,82%) e que a cobertura do grupo de idade de 65 e máis anos sitúase polo de agora no 42,5%.
Incorpóranse a adrenoleucodistrofia ligada ao cromosoma X (X-ALD), a mucopolisacaridiose tipo I (MPS I) e a enfermidade de almacenamento de glicóxeno tipo II (Pompe) para poder diagnosticalas e comezar os tratamentos antes de que os síntomas sexan clinicamente evidentes. En particular, a adrenoleucodistrofia ligada ao cromosoma X (X-ALD), cunha prevalencia de 1 caso por cada 17.000 nacementos, pode provocar déficits neuropsiquiátricos e insuficiencia suprarrenal. A mucopolisacaridiose tipo I (MPS I), cuxa prevalencia se estima en 1 caso por cada 50.000 nacementos, pode provocar discapacidade intelectual grave e, sen tratamento, os pacientes falecen antes da primeira década de vida.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou o Plan galego de reprodución humana asistida 2024-2028, que vai permitir que Galicia sexa a comunidade que ofrece a carteira deste tipo de servizos máis ampla de España. Este Plan é dun dos compromisos” do Goberno autonómico para esta lexislatura, co que se busca ampliar o número de beneficiarios dos servizos de reprodución asistida na sanidade pública. Entre as principais novidades está ampliar progresivamente a idade máxima de acceso a estas técnicas desde o límite actual dos 40 anos ata cumprir os 45 anos e incluír ás mulleres que xa teñan un fillo.
O mercado operará mediante créditos certificables que poden ser vendidos a través dunha plataforma de comercialización que servirá de nexo entre os axentes promotores dos proxectos e os compensadores. Estes últimos -organizacións públicas e privadas, ou incluso cidadáns- son os que adquiran ou utilicen créditos de carbono, ben sexa como persoas intermediarias ou ben como axentes finais co fin de compensar as súas emisións. O obxectivo é que tanto o tecido empresarial como os cidadáns poidan contribuír á loita contra o cambio climático mediante o financiamento de proxectos sostibles impulsados por gandeiros ou silvicultores.
Inaugurouse hoxe na Cidade da Cultura 'Tattoo. Arte baixo a pel', a maior exposición internacional sobre tatuaxe desenvolvida ata o momento. A mostra ábrese ao público no Gaiás logo de ser visitada por máis de dous millóns de persoas no seu amplo percorrido por museos e institucións culturais de Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwán, Rusia e os centros da Fundación “la Caixa” en España. 'Tattoo. Arte baixo a pel' presenta 240 pezas históricas e contemporáneas procedentes dunha vintena de países. Atopamos obxectos rituais e decorativos, fotografías, debuxos, pinturas, utensilios de tatuar tradicionais e 26 modelos hiperrealistas de silicona tatuados por algúns dos mellores artistas actuais da tatuaxe.
O Servizo Galego de Saúde realizou no primeiro semestre deste ano 2024 un total de 3.500 cirurxías prioritarias máis que no mesmo período do ano 2019, o anterior á pandemia da covid 19. Así o destacou a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, na súa intervención na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia. Explicou que o Servizo Galego de Saúde realiza as súas intervencións sanitarias atendendo a criterios clínicos e priorizando aos pacientes en función da enfermidade ou gravidade da súa patoloxía, levando a cabo unha xestión das listas de espera por prioridades e orientada aos resultados en saúde.
Co título de ‘Miradas complementarias. Unha análise multidisciplinar do conflito palestino-israelí en Oriente Próximo’, desenvolveranse na Facultade de Filosofía o mércores 30 de outubro a partir das 17.00 horas unha xornada na que se fará un achegamento á cuestión desde distintos puntos de vista, que inclúen a filosofía, a política, a historia ou a antropoloxía. A entrada a esta xornada, en cuxa organización colaboran a Facultade de Filosofía da USC e a Fundación Araguaney, é libre ata completar a capacidade do espazo; tamén se poderá seguir en liña.
A Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística reflicte que 7 de cada 10 persoas se comunican en lingua galega. Así o explicou hoxe o secretario xeral da Lingua durante a presentación das últimas novidades do portal Neofalantes.gal, a plataforma divulgativa e educativa posta en marcha en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para analizar o proceso de incorporación do uso do galego por parte das persoas que tiveron outro idioma como primeira lingua.
A Consellería de Sanidade iniciou hoxe a vacinación infantil fronte á gripe, unha campaña que se ofrece a 72.561 nenas e nenos de 6 a 59 meses de idade. Desta forma, a Xunta cita por sms, de forma proactiva, as familias para que acudan á vacinación organizada nos centros de saúde de referencia de toda Galicia. Como novidade, nenas e nenos de 24 a 59 meses recibirán este ano por primeira vez a vacina intranasal, coa que se pretende mellorar a adherencia á campaña ao ser de máis fácil administración. Nesta franxa de 2 a 5 anos a poboación diana é duns 49.480 nenos e nenas.
Foi presentado o Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona, que percorre por terceira vez toda Galicia con actuacións nas sete grandes cidades galegas. O Festival Mundial do Ilusionismo “Galicia Ilusiona” inclúe as sete grandes urbes galegas para converter a Galicia na capital mundial do ilusionismo. Así, o espectáculo xa pasou nos primeiros días de outuburo por A Coruña, Ourense e Pontevedra. A vindeira fin de semana estará en Santiago de Compostela (días 11 e 12) e Ferrol (13 de outubro). Antes de pechar en Vigo estará tamén en Lugo (18 de outubro). Galicia Ilusiona contará con artistas de sona internacional coma o mago Murphy, Lore Lavand, Jerome Murat ou Ki Moon do.
« Anterior | 11  de  387 | Siguiente »

Notas sociedad

Desenvolver unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria no ensino superior para ter estudantes mellor preparados para un mundo envellecido. Con este reto, desde setembro de 2023 e ata febreiro de 2026 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turquía, Romanía e España desenvolven o proxecto europeo Coblages. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o segundo encontro do proxecto.
Tivo lugar a presentación da nova edición do Resurrection Fest, a número 19 deste evento. A organización espera unha asistencia de máis de 120.000 persoas desde o mércores e ata o sábado, coa participación de preto dun centenar de artistas nos catro escenarios do recinto. Inclúe entre os seus nomes algúns referentes internacionais como Alice Cooper, The Offspring, Avenged Sevenfold, Bring me the horizon, Megadeth ou Bruce Dickinson.
Do 25 ao 27 de setembro, a Universidade de Vigo celebrará o V Congreso Internacional da Auga, que nesta ocasión leva por título 'A auga como recurso sostible: ciencia, empresa e benestar'. A iniciativa forma parte das accións do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense. Ao igual que en anteriores edicións, o principal obxectivo deste evento será ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cos recursos hídricos.
La Casa de la Cultura de Quiroga acogió una jornada organizada por O Courel destino y futuro sobre la situación del urbanismo en la zona de O Courel. Este encuentro, en el que se profundizó en temas clave como el suelo rústico y el planeamiento territorial, ha sido una oportunidad para debatir y encontrar soluciones que promuevan un desarrollo sostenible en nuestra región.
O Arcanxo Festival celebrará a súa primeira edición con dous días de música metal internacional na Freixa, no municipio de Ponteareas. Será os días 19 e 20 de xullo, cun cartel cheo de bandas de metal tan recoñecidas como a brasileira Ratos de Porão, a sueca Enforcer, a belga Evil Invaders e a española Angelus Apatrida. O festival está organizado pola firma ponteareá de roupa We Play Metal, así como por ITP Promotions e 138 Producións.
O Paraninfo da UDC acolleu hoxe a entrega dos galardóns da VI Edición dos Premios Isabel Zendal, o concurso que ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, unha ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude.
Estudantes dos colexios vigueses García Barbón e Otero Pedrayo visitaban nestes días a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para participar nos “encontros inspiradores” que puñan peche á cuarta edición de Te lo cuentan las matemáticas, un proxecto do grupo de innovación docente MaReMa que busca espertar vocacións matemáticas entre o alumnado da primaria. Financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), o proxecto permitiu amosar a utilidade social e tecnolóxica das matemáticas a 800 estudantes de 16 colexios de Vigo e Pontevedra.
Máis de 1200 participantes (académicos/as e activistas de diferentes países) preto de 200 sesións, sete conversas plenarias e máis de 20 actividades divulgativas, artísticas e culturais. Estas son algunhas das cifras da ESEE-Degrowth 2024, evento no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica e a 10 Conferencia Internacional de Decrecemento.
Este proxecto foi creado por José Edelstein, físico teórico e profesor e investigador da USC, xunto coas músicas arxentinas Daniela De Rito e Lorena Edelstein, para achegar ao público un conxunto de narracións sobre o cosmos, entretexidas con cancións que o celebran, demostrando os elementos comúns que existen entre a arte e a ciencia: creatividade, imaxinación, técnica, método, inspiración, estética, unha noción de beleza e un criterio de verdade.
La nueva junta la forman Pilar Falcón (presidenta), Ignacio Bazarra (vicepresidente), Amelia Serraller (Secretaría y Redes Sociales), Mari Carmen López Velasco, (Programación y Patrocinios); Eduardo Ferreira, (Relaciones Institucionales); Ángel Carreira, (Formación); Irene Fernández y Marta Corbal, (Medios de Comunicación); Manolo Seixas, (representante en Galicia) y Fernando Navarrete (Audiovisuales).


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES