
Esta iniciativa da USC e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas busca promover e fomentar o achegamento entre as culturas galega e árabes, mediterráneas e hispanoamericanas a través da reflexión intercultural, no marco do protocolo asinado entre ambas o 18 de xullo, que contempla a realización de propostas baseadas na expresión cultural encamiñadas á formación, divulgación, investigación ou á sensibilización social da cidadanía e da comunidade universitaria.
Nesta liña, a xornada que terá lugar en Filosofía profunda na idea de achegar propostas que axuden a reflexionar e comprender mellor cuestións coma as abordadas nestas mesas redondas.
Miradas complementarias comeza coa mesa redonda As pezas do conflito. Elementos históricos, sociopolíticos e ético-filosóficos, que modera Jesús Núñez Villaverde, co director do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Axuda Humanitaria. Nela participan o profesor de Historia Contemporánea, Antonio Míguez Macho; o de Ciencia Política e da Administración, Antón Losada; e o de Filosofía Moral e Política Luís García Soto, todos eles da USC.
A segunda mesa redonda terá lugar a partir das 18.45 horas, baixo o lema A loita pola causa palestina dende a sociedade civil organizada e o activismo, e modéraa a profesora de Antropoloxía Social da USC Guadalupe Jiménez Esquinas. Tomarán parte o empresario e presidente de honra da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Ibrahim; a doutora en Comunicación e Conflito pola Universidade Carlos III e defensora dos dereitos humanos Leila Nachawati; e a representante da Asociación Galaico Árabe Jenín e activista Sara Ashour.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.