Noticias

A Xunta solicitará ao Consello Consultivo de Galicia un informe sobre o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Executivo autonómico aprobou hoxe 'solicitar formalmente un informe ao Consello Consultivo de Galicia' sobre 'as posibilidades legais' do traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas doutros países. O obxectivo é avaliar a posibilidade de asumir esta función en tres áreas concretas: as autorizacións iniciais para que unha persoa estranxeira poida traballar na comunidade, os permisos para traballos de tempada e os de larga estancia por motivos de estudos ou formación.

O obxectivo da Xunta é mellorar e axilizar a xestión destas autorizacións, 'especialmente nas prazas de urxente cobertura', algo fundamental para executar as políticas de retorno que axuden a facer fronte ao reto demográfico, a despoboación de certas zonas do rural e a falta de man de obra en sectores claves coma a agricultura, a construción, o turismo ou o eido sociosanitario.

O presidente salientou que outras comunidades como Cataluña xa teñen transferidas estas competencias e o Estado iniciou os trámites para efectuar este traspaso no País Vasco. Por iso, a Xunta solicitará ao Consultivo un informe para certificar se esta transferencia encaixa no ordenamento autonómico e xurídico e avanzar na reclamación oficial para poder asumir tamén estas funcións.

Esta decisión enmárcase no obxectivo da Xunta en 'reclamar competencias que poidan mellorar a vida da xente', que os galegos demanden e que 'poidan ser mellor xestionadas desde o ámbito autonómico'. Nesta liña, Rueda indicou que a Xunta traballa para ampliar o teito competencial da comunidade, negociando 'a xestión compartida das alertas meteorolóxicas', insistindo 'no rescate e transferencia da AP-9' ou esixindo 'a coxestión do Ingreso Mínimo Vital'.

R., 2025-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES