
“A convocatoria foi un éxito rotundo”, sinalou o director deste grupo de investigación, Mario Pansera, na presentación da programación dun evento que “porá Galicia, Pontevedra e a Universidade no mapa da transición ecolóxica”, ao congregar na cidade “a elite” da investigación sobre o cambio climático, a transición ecolóxica e a sostibilidade económica e social.
Xunto a Pansera, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a vicerreitora do campus, Eva MarÃa Lantarón, e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel GulÃas, presentaron este mércores un foro internacional que por segunda vez engloba a celebración conxunta das dúas conferencias, sendo unha das edicións “con maior participación”, segundo sinalan desde a organización. De aà que Lantarón puxese o foco na “magnitude” dun congreso que se desenvolverá en diferentes espazos do campus e da cidade e que pon o foco nun tema “fundamental para a Universidade, como é a sostibilidade”. Nese senso, a vicerreitora destacou tamén a importancia de que o coñecemento xerado neste foro académico poida ter “unha transferencia á sociedade” e que do congreso poidan saÃr “documentos de consenso que poidan ser logo a base de normativas e polÃticas públicas que poidan mellorar a calidade de vida das persoas”. Nesa mesma liña, Fernández Lores resaltou o valor de contar na co Post-Growth Innovation Lab, un grupo de investigación que “posicionanos internacionalmente”, asà como a propia relevancia desta conferencia, tanto porque pon o foco en cuestións que “están na vangarda mundial”, como polo “impacto económico” que poida ter na cidade.
Promovido por este grupo de investigación, xunto coa ESEE, o movemento Degrowth International e a asociación Research and Degrowth, a conferencia conta co apoio de Universidade, Concello, Consello Europeo de Investigación (ERC) e Consello Social da UVigo.
Sete diálogos plenarios e 200 sesións paralelas
Dirixido, como explicou Pansera, a que investigadores e investigadoras de diferentes paÃses poidan “intercambiar ideas” e presentar os seus traballos, o congreso inaugurase na tarde do martes no Pazo da Cultura, onde terá lugar un concerto do pianista Abe Rábade, con entrada libre. Xusto antes, desenvolveranse as dúas primeiras sesións plenarias do congreso, que se articulan nun formato de diálogo e nas que participarán “nomes destacados no campo da economÃa ecolóxica e o decrecemento”, procedentes de diferentes universidades de Europa ou América. Retransmitidas en directo, as dúas primeiras sesións afondarán no papel da ciencia e a tecnoloxÃa no contexto do dececremento e na economÃa ecolóxica.
Ao dÃa seguinte, estes diálogos trasladaranse á carpa da conferencia, que se emprazará a carón de Fisioterapia, pondo o foco o mércores na industria do plástico, para analizar o xoves as iniciativas promovidas pola Unión Europea en materia de economÃa circular, nunha sesión na que participará Hans-Christian Eberl, representante da Comisión Europea e responsable de economÃa circular no programa Horizon Europe, xunto con Kersty Hobson, da Univesidade de Cardiff, e Andrea Genovese, da Sheffield University. Tamén o xoves, terá lugar un coloquio sobre a democratización da tecnoloxÃa, mentres que o venres 21 desenvolverase unha sesión dirixida a presentar visións alternativas da idea de innovación, pechándose esta programación cun coloquio sobre decrecemento e cambio climático. Este contará coa participación do director do servizo climático do programa europeo Copernicus, Carlo Buontempo, xunto con Pansera e a investigadora da Universidade de Lausanne Julia Steinberger.
O programa académico complétase coas preto de 200 sesións que se desenvolverán de xeito paralelo en diferentes espazos do campus e no Pazo da Cultura entre mércores e venres. Aos debates e presentacións de investigacións sumaranse ademais as iniciativas do Espazo Xove, destinado a promover a participación do alumnado de secundaria. Con preto de 170 inscritos e inscritas, esta iniciativa permitirá coñecer os resultados do proxecto de Postgrowth S.A., financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa (Fecyt) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Como apuntou Pansera, será “a primeira vez na historia destas conferencias” que estudantes de secundaria, procedentes de cinco institutos da cidade, participen neste foro dando a coñecer os resultados dos estudos que realizaron “sobre os problemas que afectarÃan a Pontevedra” no futuro.
Actividades para toda a cidadanÃa
Co obxectivo, sinalou Pansera, “de conectar todos os discursos académicos da conferencia coa cidadanÃa”, a programación complétase cun programa social que se desenvolverá polas tardes e que engloba máis dunha vintena de actividades, “como documentais, exposicións, presentación de libros ou charlas”. Nesta programación insÃrense propostas como a proxección do documental Alter Nativas, o mércores 19 no Teatro Principal, ou a mesa que reunirá o xoves 20 representantes polÃticos e sindicais no Museo de Pontevedra. Nesa xornada terá lugar tamén un “protestival” na alameda, na que participarán “as asociacións ecoloxistas máis importantes de España” e no que se dará lectura a un manifesto. Tamén no marco desta programación, a conferencia clausurarase na tarde do venres cun faladoiro sobre decrecemento no campus no que participarán os divulgadores cientÃficos Antonio Turiel, Alicia Valero e Jaume Franquesa, seguido dunha serie de actuacións musicais de grupos coordinados por Estudo Bonobo e de Familia Caamagno.
Previamente, neste obxectivo de achegar á cidadanÃa as temáticas da conferencia inseriuse tamén a Primavera do Decrecemento, un ciclo de faladoiros que se clausura este xoves 13 no Museo cun coloquio no que participan representantes de Greenpeace España, Ecoloxistas en Acción, Xuventude polo Clima, Rebelión CientÃfica e Rebelión ou Extinción.
Simposio de investigadores predoutorais
Xunto co inicio deste programa social, o arranque da conferencia verase precedido o luns 17 por un simposio no que 40 investigadores e investigadoras predoutorais, procedentes de 31 universidades de diferentes paÃses, formaranse en aspectos como a publicación de investigacións crÃticas ou o uso de metodoloxÃas baseadas nas artes.
Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os dÃas 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.