
A actividade celébrase do 9 ao 13 de xuño levando por o título Produción, distribución e consumo de cerámicas nos territorios atlánticos da península ibérica. Constitúe o encontro bianual da SECAH, sociedade fundada no ano 2009 e dedicada ao impulso dos estudos da cerámica producida e empregada entre os séculos IV a.C. e VII d.C. A entidade agrupa ás e aos arqueólogos de España e Portugal dedicados a este campo e este congreso reúne a todos os seus socios e socias e a outros profesionais da arqueoloxía da península ibérica.
Un balance positivo
Nesta edición o evento está organizado pola Sección de Arqueoloxía do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, contando co apoio e a colaboración da Vicerreitoría do campus de Ourense, o Campus Auga, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense, o Concello de Lugo e o Concello de Ourense. No seu terceiro día de actividade, desde o GEAAT fan un balance moi positivo de como se está desenvolvendo a congreso. Por unha banda, destacan a boa acollida desta edición en canto a número de participantes, arredor de 80 persoas, tanto profesorado de universidades, como persoal investigador predoutoral e postdoutoral e arqueólogos profesionais de España e Portugal. Igualmente poñen en valor a cifra de relatorios, conferencias e pósters, nos que se abordan as novidades científicas das últimas investigación en cerámicas de toda a península ibérica, cubrindo un rango cronolóxico moi amplo, dende a Idade do Ferro á época romana tardía.
Segundo explican desde a organización, durante as últimas décadas os territorios atlánticos foron obxecto de novos e importantes investigacións sobre o comercio e a economía antiga. Desde as illas británicas ata o estreito de Xibraltar, pasando polas fachadas cantábrica e atlántica da península, numerosas publicacións sobre cerámica xeraron unha nova perspectiva científica destes territorios e da chamada ruta atlántica, apuntan. A pesar de todos estes traballos, advirten que case non se teñen realizado reunións científicas que aborden a problemática atlántica a través das novas investigacións cerámicas. Por este motivo, o VIII congreso da SECAH céntrase nos estudos recentes que abordan a cuestión dos intercambios cerámicos nos territorios atlánticos da península ibérica. Preténdese que as e os investigadores presenten traballos novidosos sobre materiais cerámicos de xacementos situados na área de influencia atlántica, buscando ademais contextualizar os produtos cerámicos manufacturados nestes mesmos territorios en lugares de consumo tanto na propia fachada atlántica como no mundo mediterráneo", sinalan.
Unha intensa programación
SECAH 2026 iniciouse o día 9 de xuño cunha conferencia do arqueólogo inglés e presidente emérito da Universidade Americana de Roma Richard Hodges titulada A construción de Europa: arqueoloxía, cerámica romana tardía e a xestación da Idade Media, e cunha recepción no claustro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. O día 10, a programación trasladouse ao campus de Ourense, concretamente ao edificio do Campus Auga, o proxecto de especialización acreditado e financiado pola Xunta de Galicia, contando a apertura coa participación de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo. Nesta segunda sesión repasáronse as cerámicas da fachada atlántica, con conferencias convidadas dos profesores da Universidade de Lisboa Carlos Fabião e Catarina Viegas. Xa pola tarde foi a quenda de presentación de comunicacións e sesión de pósters. O día 11 a actividade continou no campus ourensán cunha conferencia a cargo dos profesores Miguel Cau Ontiveros e Leandro Fantuzzi, sobre a aplicación da arqueometría ao estudo cerámico. Tamén houbo comunicacións, a celebración da asemblea xeral da SECAH, coa asistencia de boa parte dos seus membros, e un taller de cerámicas.
Este venres a programación trasladouse a Lugo onde, como parte da programación do Arde Lucus Cultural, celebrouse no auditorio do centro sociocultural O Vello Cárcere a última sesión do congreso, cunha conferencia de peche a cargo dos profesores Horacio González Cesteros (CSIC) e Antonio Saez Romero (Universidad de Sevilla) sobre as relaciones entre o Atlántico e o leste Mediterráneo, ofrecendo unha perspectiva cerámica de máis de mil anos de intercambios comercial. Na visita a esta cidade tamén houbo dous talleres nos que se deron a coñecer cerámicas recuperadas en Lugo e Vigo, ben producións locais como materiais importados. Xa de volta en Ourense, o sábado 13, as persoas participantes do congreso visitarán os xacementos ourensáns do campamento romano de Aquis Querquennis, a ingresa visigótica de Santa Eulalia de Bande e o xacemento da Cibdá de Armea, enclave este último no que GEAAT leva escavando máis dunha década.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.