Noticias

Galicia acollerá a celebración do I Congreso Internacional de Estudos sobre as Peregrinacións do Xacobeo 2027

Celebrouse hoxe a reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, na que se avanzou na organización do I Congreso Internacional de Estudos sobre as Peregrinacións, unha das principais iniciativas académicas deste órgano dentro do programa do Xacobeo 2027. Durante a sesión, que tivo lugar na sede do Consello Económico e Social de Galicia, abordáronse cuestións de carácter organizativo e científico relativas a este encontro internacional, que se celebrará en Santiago de Compostela no mes de maio de 2027 baixo o lema 'O futuro da peregrinación: camiños en transformación'. A cita reunirá investigadores, académicos e especialistas de diferentes países para reflexionar sobre a evolución das peregrinacións desde unha perspectiva histórica, cultural, patrimonial, espiritual e social.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participaron hoxe na reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, na que se avanzou na organización do I Congreso Internacional de Estudos sobre as Peregrinacións, unha das principais iniciativas académicas deste órgano dentro do programa do Xacobeo 2027.

Durante a sesión, que tivo lugar na sede do Consello Económico e Social de Galicia, abordáronse cuestións de carácter organizativo e científico relativas a este encontro internacional, que se celebrará en Santiago de Compostela no mes de maio de 2027 baixo o lema ‘O futuro da peregrinación: camiños en transformación’. A cita reunirá investigadores, académicos e especialistas de diferentes países para reflexionar sobre a evolución das peregrinacións desde unha perspectiva histórica, cultural, patrimonial, espiritual e social.

Segundo apuntou Xosé Merelles, “a organización deste congreso chega nun momento de especial dinamismo para o Camiño de Santiago e terá lugar en pleno Xacobeo 2027”. No que vai de 2026, máis de 290.000 peregrinos recolleron a Compostela, o que supón un incremento do 3% respecto ao mesmo período de 2025. “Esta evolución confirma a consolidación do fenómeno xacobeo e reforza a importancia de promover espazos de reflexión sobre as oportunidades das peregrinacións no ámbito internacional”, destacou.

“Os datos tamén evidencian a progresiva diversificación das rutas”, subliñou, apuntando que o Camiño Francés continúa a ser o itinerario máis transitado e representa algo máis do 43% das peregrinacións, mentres que o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa concentran arredor do 20% cada un. Precisamente, este último rexistra o maior ritmo de crecemento, cun incremento do 21% respecto ao ano anterior.

Referíndose ao papel do Comité Internacional de Expertos, o director de Turismo referiuse a el coma o órgano de referencia para a planificación das políticas públicas relacionadas co Camiño de Santiago e un garante de que estas conten cunha base científica, histórica e cultural sólida.

Así mesmo, subliñou a dimensión internacional deste órgano consultivo ao sinalar que "a composición do Comité de Expertos favorece a conexión de Galicia coas principais redes académicas xacobeas e contribúe a reforzar a consideración do Camiño como fenómeno cultural de dimensión mundial".

Un foro internacional sobre o futuro das peregrinacións

Ao longo de tres xornadas desenvolveranse conferencias plenarias impartidas por especialistas de prestixio internacional e sesións paralelas abertas á participación da comunidade investigadora. O programa afondará en cuestións como a historia, a espiritualidade, o patrimonio cultural, a identidade, a diversidade, a sustentabilidade, a inclusión, a paisaxe e os retos de futuro das peregrinacións.

Ademais, terá unha especial significación ao coincidir co 40º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa (1987-2027), efeméride que reforza a dimensión internacional da ruta xacobea.

Dúas novas publicacións

No marco da xornada, presentáronse máis tarde na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, dúas novas publicacións promovidas polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Turismo de Galicia: o primeiro volume do número XVII da revista científica Ad Limina, titulado ‘Iacobus Harmonicus: Santiago, Compostela y la música’, coordinado polo musicólogo Philippe Picone, e o libro ‘Mil veces a Compostela. Peregrinos da Idade Media’, da historiadora Adeline Rucquoi, traducido ao castelán e editado por Turismo de Galicia.

Xosé Merelles destacou que "a investigación e a divulgación científica son piares fundamentais para seguir fortalecendo o prestixio internacional do Camiño de Santiago". Nesa liña, sinalou que "publicacións como Ad Limina e obras de referencia como ‘Mil veces a Compostela’ contribúen a preservar, actualizar e difundir o coñecemento sobre o fenómeno xacobeo, facendo accesible ese legado ao conxunto da sociedade".

O novo volume de Ad Limina reúne sete investigacións de especialistas internacionais dedicadas á música xacobea, desde o Códice Calixtino ata a música barroca do Virreinato do Perú inspirada na figura do Apóstolo, mentres que o libro de Adeline Rucquoi ofrece un amplo percorrido pola peregrinación compostelá na Idade Media, situando os peregrinos como protagonistas da historia xacobea.

R., 2026-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES