
Alí fundou en 2007 Novedades Carminha, unha das bandas galegas máis exitosas das últimas décadas coa que publicou cinco álbumes ata a súa disolución en 2022. Un ano despois publicou Carlangas, o seu primeiro disco en solitario, e este ano chegou o segundo traballo Universo paralelo.
O muradán 9Louro é a gran sensación da música urbana galega. A comezos de ano esgotou en media hora todas as entradas para o seu concerto na Sala Capitol de Santiago, onde presentou o seu último (e terceiro disco en catro anos) AMORRER. Esta será a súa segunda visita a EmigraSON tras participar na anterior edición do festival.
Tapa DOrella nace da colaboración de Willoz GHZ (Darío Burgos) e Pappaquino (Joaquín Limia), dous amigos que se xuntaron para mesturar música urbana, folk, ska e verbena nunha divertida proposta que rapidamente atopou ao seu público.
Por último, a Asociación Cultural Galega A Roda volve viaxar á capital belga de Lausanne (Suíza) para dinamizar a foliada do venres 5. A Roda é unha entidade fundada en 1991 no país helvético para difundir a lingua, a danza, a gastronomía e a música tradicional galega nun lugar tan vencellado coa emigración.
A ACG A Roda actuará o venres 5 na sala Tricoterie xunto con Tapa DOrella, Dani Cornes e Rager. O sábado 6 o festival trasládase á céntrica sala La Madeleine, onde actuarán Carlangas, 9Louro, Mondra e De Ninghures.
Dous premios en menos dun mes
Paralelamente á preparación da quinta edición, a organización do festival está a recoller os froitos sementados nos últimos anos. Así, o pasado 3 de novembro gañaron o Premio PALCO ao Mellor proxecto de comunicación no marco da segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, organizados pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia.
Este recoñecemento chega poucas semanas despois de que o EmigraSON recibise tamén o Premio da Cultura Galega na categoría de Proxección Exterior, consolidando o traballo do festival na difusión da música e da cultura galegas fóra do país. O festival, que naceu en 2023 como unha iniciativa autoxestionada por un grupo de galegos e galegas residentes na capital belga, continúa a medrar e a ampliar a súa programación para achegar a cultura galega á diáspora e ao público internacional.
Sobre o festival
Na súa cuarta edición, celebrada no inverno de 2026, o EmigraSON reuniu preto de 2.000 persoas nas salas La Madeleine e La Tricoterie, un éxito que a organización aspira a repetir este ano. Ao longo da súa traxectoria, o festival levou a Bruxelas artistas como Tanxugueiras, Baiuca, The Rapants, Fillas de Cassandra, Ortiga e Terbutalina, entre outros nomes destacados da música galega actual.
A quinta edición do festival conta co apoio de institucións como a Xunta de Galicia, o proxecto europeo STORCITO, a Deputación de Pontevedra, o Instituto Cervantes, TurEspaña, a Embaixada de España en Bélgica e a Fundación Galicia Europa. Tamén a patrocinan marcas como Evolta, Deleite, AirEuropa, Liporca, e Aí Falaches. Ademais, renovaron o seu apoio os tres eurodeputados galegos Francisco Millán Mon, Nicolás González Casares e Ana Miranda Paz.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.