//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, destacou esta mañá no Parlamento de Galicia que a Xunta porá en marcha este ano a Rede de Psicoloxía Clínica en atención primaria, unha medida que posibilitará a contratación de 14 novos psicólogos clínicos que se engaden aos 7 profesionais deste ámbito sanitario que actualmente desempeñan o seu labor nos centros de saúde galegos. O director xeral remarcou que o obxectivo do Goberno galego é acadar a cifra dos 50 psicólogos clínicos no ano 2030. Segundo explicou Silva, a sanidade pública galega conta hoxe en día con case o dobre de profesionais da saúde mental que no ano 2009.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que a Xunta destinará no bienio 2025-2026 preto de 1,8 millóns de euros á formación e ao adestramento do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais co fin de garantir a protección dos nosos montes de cara á tempada 'de maior risco de lumes'. Segundo sinalou Rueda, estas cifras supoñen un incremento de case o 19 % do orzamento, en comparación co bienio anterior. Con estes fondos, a previsión é financiar preto de 3.500 edicións de cursos e accións 'de formación e adestramento' ao longo do referido período. Así figura no Plan de formación integrado dentro do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) correspondente ao ano 2025, que hoxe aprobou o Consello do Goberno galego, unha vez oído o Consello Forestal de Galicia na súa xuntanza do pasado mércores, día 30 de abril.
ras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) este pasado luns da Orde da Consellería do Medio Rural pola que se ampliou o prazo de solicitude das axudas da PAC ata o vindeiro día 15 de maio, a Consellería do Medio Rural volveu instar hoxe ao Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a que permita a presentación de solicitudes ata o 31 de maio. Este prazo coincidiría co remate do período de modificación de solicitudes, mediante a supresión da penalización do 1% por cada día hábil en que se supere a data de finalización do prazo de presentación.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Executivo autonómico aprobou hoxe 'solicitar formalmente un informe ao Consello Consultivo de Galicia' sobre 'as posibilidades legais' do traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas doutros países. O obxectivo é avaliar a posibilidade de asumir esta función en tres áreas concretas: as autorizacións iniciais para que unha persoa estranxeira poida traballar na comunidade, os permisos para traballos de tempada e os de larga estancia por motivos de estudos ou formación.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, criticou que Galicia está sendo 'claramente discriminada' na distribución dos fondos europeos a través dos Perte que o Goberno, está facendo con 'pouca seriedade e tecnicidade'. A conselleira manifestouse así logo de que se coñecese que o proxecto de Altri en Palas de Rei e o de Ence nas Pontes quedan fóra do Perte de descarbonización. 'Galicia está sendo claramente discriminada na distribución de fondos e, ademais, mesmo nos criterios que se empregan para considerar avaliable ou non un proxecto', dixo, para remarcar que hai iniciativas doutras comunidades que resultaron beneficiarias dos fondos Next Generation 'sen ter sequera comezado unha avaliación ambiental'.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe que a Xunta 'aprobará no último trimestre deste ano' o Catálogo do patrimonio cultural do litoral Galicia, unha das primeiras medidas que impulsará ao abeiro da Lei de ordenación e xestión do litoral tras formalizarse o traspaso a Galicia dos servizos, medios e funcións necesarios para que a comunidade poida asumir a xestión plena e efectiva da súa costa. Cinco días despois de que o Goberno central e a Xunta rubricasen en Santiago o acordo histórico sobre as transferencias á comunidade pendentes neste eido, o Consello foi informado da folla de ruta a seguir para activar, na práctica, o desenvolvemento das competencias galegas sobre a xestión e a ordenación do litoral.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, pediu en Bruxelas un modelo de xestión compartida dos Fondos Europeos e o reforzo do papel dos entes territoriais. Galicia aposta por unha Política de Cohesión europea máis forte e moderna onde as rexións teñan un papel fundamental á hora de deseñar e xestionar as accións necesarias para abordar os retos de cada territorio, como puxeron de manifesto tanto o propio Miguel Corgos como o presidente da Xunta en distintas intervencións no Parlamento Europeo nos últimos meses. Durante unha intensa xornada de reunións, organizada pola Fundación Galicia Europa, Miguel Corgos trasladou a visión do Goberno galego sobre unha posible reforma dos fondos de cohesión para o novo marco de actuación.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reclamou hoxe para Galicia unha maior participación na xestión dos fondos europeos ao considerar que 'son un mecanismo importantísimo para loitar nesta guerra comercial', e demandou que se reparta ás comunidades autónomas 'todo ou parte' dos aranceis recadados en España. 'É clave a participación que reclamamos as comunidades autónomas nas decisións respecto de a onde e como se xestionan os fondos', subliñou Lorenzana, logo de asistir esta mañá ao pleno do Consello Interterritorial de Internacionalización convocado polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia xa acada un gasto público (local, autonómico, estatal e europeo) nas universidades equivalente ao 1% do Produto Interior Bruto autonómico. Fíxoo nunha rolda de prensa na que, acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, destacou que este obxectivo, fixado na Lei Orgánica 2/2023 do Sistema Universitario (LOSU), se logra en Galicia con sete anos de antelación, dado que o horizonte está marcado para 2030 nesta norma a nivel estatal.
Victoria Esteban e Ana Seijas serán propostas ao Consello das Mareas para ocupar as vicevoceirías. A coordinadora porá en marcha o proceso de estruturación territorial da organización.
O alcalde vén de reiterar a súa solicitude de manter unha xuntanza co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan varias infraestruturas pendentes en Santiago. Martiño Noriega mostrouse confiado en que "esta petición sexa atendida, para resolver canto antes algunhas dúbidas sobre as actuacións comprometidas".
Proclama as portas abertas a todas as persoas que ven imprescindible unha forza co corazón e a cabeza nesta terra: O rupturista é o nacionalismo que cuestiona o réxime do 78. Contundente apoio da militancia á candidatura de consenso para a nova dirección, que obtivo o respaldo do 98,23% das bases.
Compromiso para facer política con maiúsculas e devolverlle a esperanza ás persoas que a perderon nestes anos de crise, proclamou Ana Pontón de cara á celebración da XVI Asamblea Nacional do BNG. Consolida a renovación xeracional desde unha lista elaborada coas propostas das bases que será votada pola militancia.
Campos Conde presenta en marzo o Orzamento para 2017, dotado de 84,8 millóns, no que incrementou as aportacións para emprego, servizos sociais e infraestruturas. O Presidente inclúe un Plan Único de 20 millóns de euros, que se distribuirán con criterios obxectivos nos 67 Concellos da provincia.
Max Jean Zins e Jesús Varela Zapata abordan aspectos xeoestratéxicos da política de Trump no marco dun coloquio titulado 'Donald Trump: Cara a onde soprarán os ventos'. Debátense aspectos xeostratéxicos da política do presidente estadounidense.
Pedro Puy avanzou que Julia Rodríguez, Carlos Gómez e Marián García serán os deputados substitutos de Susana López, Antonio Rodríguez e Nava Castro, respectivamente. Considerou evidente que hai un cambio nas formas de actuar no Parlamento dos grupos da oposición, o que permite mellorar a valoración da Cámara entre os cidadáns.
A voceira nacionalista Ana Pontón reiterou que o BNG segue coa man tendida. Feijóo debe escoller, ou ben a man que une a todos e todas as galegas ou ir de ganchete de Ana Pastor e Rajoy. O BNG presenta a proposta do Plan Retorna para que volva a xuventude emigrada desde o ano 2009: 207.000 persoas de entre 16 e 35 anos.
A portavoz de En Marea salientou que en Galiza o primeiro síntoma da nova resposta cidadana vivímola en 2003 cando a cidadanía galega percibiu que o estado non estaba alí para socorrela o día no que o Prestige golpeou e arruinou as nosas costas. Lémbrao Señor Rajoy? Lembra os hilillos.
Seguimos consolidando a operatividade dun Goberno estable, viable e previsible, que é o que os galegos quixeron, indica o presidente da Xunta. O Proxecto de lei de teito de gasto, requisito previo, será aprobado na primeira xuntanza do novo Goberno. A reforma da Lei de estabilidade aprobada polos grupos do Congreso dos Deputados sitúa o límite de déficit para as CC.AA. no 0,5%.