
Lorenzana quixo poñer de manifesto a 'decepción' da Xunta de Galicia pola pouca seriedade e tecnicidade que está a ter o Goberno central 'nunha cousa tan seria como é distribuír entre as empresas españolas os máis de 40.000 M dos perte, dos fondos europeos, que son para todas as empresas e que se están empregando dun xeito totalmente político', remarcou.
Á espera de poder ter acceso á resolución, a titular de Economía e Industria criticou, ademais, o modo en que se deu a coñecer: 'Non é o ministerio competente' quen o fai público, apuntou, nin foi a través dunha notificación ou dunha publicación, como determina a lexislación vixente que se han de comunicar os resultados dunha comisión de valoración dunhas axudas públicas, precisou.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.