Notas de prensa

O Presidente reforza o Goberno da Deputación para garantir as políticas progresistas na provincia

Campos Conde presenta en marzo o Orzamento para 2017, dotado de 84,8 millóns, no que incrementou as aportacións para emprego, servizos sociais e infraestruturas. O Presidente inclúe un Plan Único de 20 millóns de euros, que se distribuirán con criterios obxectivos nos 67 Concellos da provincia.

O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou o acordo do Grupo Provincial Socialista para “reforzar o Goberno da Deputación e levar a cabo con maiores garantías, as políticas progresistas e de futuro que merecen os veciños da nosa provincia”.

Campos Conde explicou que “acabamos de facer oficial unha reestruturación consensuada do Executivo Provincial. Manolo é membro do Grupo Provincial Socialista, un compañeiro máis, unha persoa de confianza e lealdade para este Presidente e para os seus compañeiros de Goberno, que defenderemos, con toda a súa axuda, para integrar de novo no Partido Socialista. Como mostra disto, Manuel Martínez pasa a ser Vicepresidente e responsable da área de Xestión Territorial”.

“Ãlvaro Santos será Deputado de Relacións Institucionais e de Goberno Interior, ademais de voceiro provincial. Fixo un traballo brillante durante todo este tempo, tanto dende o grupo, como dende o departamento de Emprego e Benestar. Por iso, estamos convencidos de que afrontará, con moito éxito, esta nova etapa, na que non só seguirá sendo a persoa que dá voz ao Grupo Provincial Socialista, senón tamén o que lla dá ao Goberno da Deputación nas súas relacións con outras institucións, entidades ou colectivos. Colaborará con Ãlvaro, asumindo a subdelegación de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación, o compañeiro Miguel Ãngel Sotuela”.

“Argelio Fernández Queipo, un grande Alcalde, será o responsable de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente. E neste punto, quero agradecer, publicamente e de xeito especial, a xenerosidade de Ãlvaro e Argelio”.

“Sonsoles López Izquierdo, que fixo un traballo moi bo, aínda que para moitos desapercibido dende Medio Ambiente; pasa a ser Deputada de Promoción Económica e Social, asumindo as áreas de Emprego, Benestar e Igualdade”.

“Eduardo Vidal, Deputado de Turismo e Cultura. Contará coa axuda de Pilar García Porto como subdelegada de Cultura, Patrimonio, Artesanía, Deseño e Educación. Lino Rodríguez Ónega seguirá á fronte do departamento de Medio Rural e do Mar. Mayra García Bermúdez do de Economía, Recadación e Facenda. E Pablo Rivera Capón da área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes”.

Orzamento 2017

O Presidente adiantou que, “como responsable, non só de dirixir e coordinar este Goberno Provincial reforzado, senón tamén da elaboración do Presuposto, -o proxecto máis importante desta institución e creo que para esta provincia-; que a segunda semana de marzo o levarei ao Pleno”.

“Como adiantei no Parlamento galego, os protagonistas do novo orzamento son os máis de 350.000 veciños dos 67 Concellos desta provincia. É un presuposto para todos e cada un deles, que responde ás súas necesidades”

“Incluirá un Plan Único de 20 millóns de euros, que distribuiremos (como fixemos este ano con máis de 10 millóns de euros) con criterios totalmente obxectivos nos 67 municipios da provincia”.

“Un orzamento que ascende aos case 84,8 millóns de euros, cos que incrementamos, notablemente e de xeito equitativo, as aportacións para políticas progresistas en todos os Concellos, ao tempo que reducimos os gastos en persoal e mantemos a débeda cero”.

Resolver os problemas dos cidadáns

Campos Conde comezou a súa intervención lembrando as palabras que pronunciou o día que tomou posesión como Presidente da Deputación, “pois quero, non só reiteralas, senón ratificalas”. O Presidente dixo “sempre entendín, e entendo, que a política é unha actividade social, que naceu por e para, resolver os problemas dos cidadáns. Baixo este concepto, no 2006, varios compañeiros da Pontenova, insatisfeitos coa situación do Concello, e convencidos de que se podía facer moito máis polo municipio, decidimos formar un equipo socialista, que, verdadeiramente, representase e defendese os intereses dos nosos veciños. Así o sentiron a maioría deles, que nos situaron na Alcaldía poucos meses despois, xa no 2007. A partir dese momento, hoxe mesmo, e ata que os veciños queiran; ese equipo socialista da Pontenova traballa para resolver os problemas dos nosos veciños, con moito respecto por cumprir coas expectativas depositadas en nós, con humildade e honradez”.

“Con estes mesmos valores, -co grande respecto por cumprir coas expectativas dos milleiros de lucenses que nas pasadas eleccións municipais dixeron que querían un goberno progresista nesta institución, con humildade, honradez e con toda a confianza dos meus compañeiros nesta Corporación-; asumín a Presidencia da Deputación de Lugo. Dende entón, hoxe e ata que os veciños queiran, no meu equipo de Goberno traballamos para responder ás necesidades dos máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos”.

Unión para cumprir cos veciños

“Os que me coñecen sempre din de min que son unha persoa discreta, de consenso e de unión. E non sei se teñen razón, pois creo que isto o ten que comprobar e valorar, de xeito individual, cada persoa. O que si vos podo asegurar é que dende que son Presidente da Deputación sempre busquei a máxima unión e o máximo consenso para cumprir con todos os veciños desta provincia. E que traballamos moito, probablemente en silencio, para que isto fose así; colleitando fracasos, pero tamén éxitos. O mellor exemplo disto é o Presuposto de 2016. Aprobouse tarde, pero executámolo en tempo récord. Coa liquidación feita, podo dicirvos, con certeza, que en poucos meses, conseguimos aprobar iniciativas progresistas, que buscan mellorar a calidade de vida do conxunto dos veciños desta provincia, por un valor superior aos 107 millóns de euros”.

“Isto é o que vou a seguir facendo dende a Deputación: poñer a disposición dos lucenses todos os recursos públicos desta institución, os seus recursos. Pero quero facelo con maiores garantías porque así o merecen os cidadáns desta provincia. Por este motivo, levo meses buscando unión e falando cos meus compañeiros, entre eles con Manolo”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2017-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES